NOTA DE PRENSA
RIOTORTO CONVÉRTESE EN CAPITAL CULTURAL
DURANTE A FIN DE SEMANA
A Festa da Cultura e Encontro de Asociacións encherá de actividade a vila mariñana con
concertos, teatro, exposicións, encontros literarios, etc…
LUGO, 24 DE SETEMBRO. O responsable da área de cultura da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, apoiou coa súa presenza a primeira edición da Festa da Cultura – Encontro de Asociacións Culturais que se celebra no concello de Riotorto. Co ánimo de dar pulo á cultura de base, máis de 40 colectivos culturais e sociais da Mariña e da Terra Chá xuntan recursos e ideas para organizar máis de medio centenar de actividades coas que amosarán a forza do movemento asociativo da comarca. Esta iniciativa ten como fin demostrar que con ganas e vontade pódense superar os atrancos económicos e promover unha cultura participativa. Para os organizadores do evento esta é unha resposta ás dificultades que a cultura esta a ter polos atrancos económicos, é un xeito de promover unha cultura participativa nas as asociacións sexan as protagonistas.
Colectivos feministas, ecoloxistas, deportivos ou culturais encheron unha axenda que, entre exposicións, obradoiros ou proxeccións, inclúe un concerto homenaxe a Mini e Mero e un recital que reúnirá ás voces poéticas da denominada xeración dos 80. Na noite do venres os Tres Trebóns, Susana Seivane, Os Minhotos ou Xabier Díaz, entre outros, poñerán a música. Na xornada do sábado Xosé María Álvarez Cáccamo, Fernán Vello, Cesáreo Sánchez, Xulio Valcárcel, Luísa Castro, Manuel Forcadela, Xavier Seoane e Rodríguez Baixeras xuntaranse para falar sobre o libro galego.
A fin de semana completarase cun un ciclo de documentais, un obradoiro de tuppersex, un maratón de curtas -que inclúe a proxección da mítica fita A Tola- ou un debate arredor da galegofobia. Esta festa levarase a cabo sen ningún tipo de axudas públicas e autofinanciarase coa venta de bonos. E posto que a Festa da Cultura só precisa de vontade, a organización adianta xa que a feira volverá celebrarse rotando por toda a comarca.
Programa de actividades:
FESTA DA CULTURA
ENCONTRO DE ASOCIACIÓNS CULTURAIS
Venres, 24 de setembro
19:30h. Inauguración das exposicións
Olladas de muller
A exposición consta de 34 fotografías en cartón-pluma tamaño grande, o que a converte nun xeito moi interesante de achegarse ás diferentes OLLADAS DE MULLERES que teñen as moi diversas mulleres da Mariña.
Destrución da paisaxe
Fotografía e instalacións de novos artistas da Mariña
O castro de Atalaia
A asociación pretende con esta exposición chamar a atención sobre a vergoñenta situación na que se atopa este importante xacemento castrexo de San Cibrao, ameazado na actualidade por unha actuación urbanística que nunca se debeu iniciar.
Exposición sobre Rosalía de Castro.
Significa a presentación en Lugo dunha exposición sobre Rosalía de Castro elaborada pola Fundación Manuel María.
20:00h. Pregón a cargo do actor Luís Iglesia Besteiro
20:30h.Inauguración das casetas das asociacións culturais
20:45h.Presentación do proxecto”Unha Casa Museo para Manuel Maria”
22:00h.Concerto – Homenaxe a Mini e Mero
Susana Seivane
Os Tres Trebóns
A Quenlla
Os Miñotos.
Ugia Pedreira.
Xabier Díaz.
Xesús Mato.
Marica Campo.
Afonso Blanco.
Sábado, 25 de setembro
11:00.Roteiro polo patrimonio e a historia. Os castros, os ferreiros, os mazos, as caleiras e as casas grandes.
11:00h.Ciclo de documentais. As folgas xerais en Galiza, Carvalho Calero, Entre dúas linguas e Uxio Novoneyra.
16:00h.Inauguración da Feira do libro e do disco galego.
Presentación de:
17:00h. Xosé Chao Rego. Bernardo García Cendán e Marcos Maceira.
18:00h. Rosalía, o clamor da rebeldía. Pilar G.arcía Negro
19:00h. Noente paradise, de Ugia Pedreira e Raquel Miragaia.
16:30 Tuppersex
O principal obxectivo do obradoiro TUPPERSEX é favorecer cunha metodoloxía lúdica e formativa, e desde unha perspectiva feminista, o autocoñecemento da anatomía fisiolóxica de cadaquén, para rachar cos falsos mitos, tabús e prexuízos que existen arredor do sexo contribuíndo a que tanto mulleres como homes poidan coñecer mellor a súa sexualidade. O obradoiro busca tamén facilitar a adquisición, desenvolvemento e interiorización de hábitos sexuais saudábeis e seguros, así como a mellora da autoestima.
20:00h. A galegofobia
Emilio González(Psiquiatra),
Xoán Carlos Garrido(Filosofo)
María do Carmo García Negro(Economista)
22:00h Recital da xeración dos 80
Pepe Cacamo
Cesáreo Sánchez
Xulio Valcarcel
Luísa Castro
Manuel Forcadela
Xavier Seoane
Miguel Anxo Fernán Vello
Xavier Rodríguez Baixeras
Domingo, 26 de setembro
11:30 h. Feira do libro
Espectáculos para as nenas e nenos
12:00h Magin Blanco con A nena e o grilo
13:00h Anxo Moure e a súa bici biblo
Exposición de oficios tradicionais e instrumentos musicais
16:00 Campionato de bolos
16:00h. Aberto de billarda.
17:00h. Maratón de curtas. A tola, O Cadaleito, Os Crebinsky, Miguel Goteira e novos criadores….
























Resultou gañador na categoría A, destinada a participantes de até 14 anos, Daniel Franco Fernández. Na categoría B, para maiores de 14 anos, a obra seleccionada foi a presentada por Maite Fernández Cendoya.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición esta fin de semana, días 4 e 5 de xullo.
Xunto a este grupo de alumnos e profesores estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Seguridade, Montse Seijo.
A edición incorpora como novidade a primeira inmersión da imaxe da Virxe no porto, prevista para o 11 de xullo. O Día do Carmen, o 16, manterá os actos máis emblemáticos, como a Misa Solemne, a Procesión Mariñeira e a descarga pirotécnica. O programa inclúe verbenas, concertos, actividades infantís, o Día do Bollo e o desfile de Cabezudos. O Concello e SofiTapia animan á participación nunhas festas que volverán converter a vila nun punto de encontro. Os actos no Auditorio Municipal serán de entrada libre ata completar aforo.
Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.



