Nota de prensa:
A escopeta nacional: Juárez e Borregón autorizan a caza todo o ano
Santiago 10 de setembro de 2010. A consellería de Medio Rural permitirá batidas de xabarín dende abril até xaneiro para “combater” os perxuízos desta especie. Dez meses de caza ao ano e máis de 20.000 batidas autorizadas de antemán que non precisarán acreditar danos. Nisto consiste a “caza preventiva”, un vello anceio dos cazadores máis cavernícolas que agora Conservación da Natureza vén de asumir. Tal proposta, inédita en calquera política ambiental seria, vai expulsar ou poñer en grave risco a integridade de todas as persoas que non sendo cazadores, frecuentamos o monte. Tamén causará graves danos a outras especies de fauna salvaxe, incluidas especies protexidas, que non terán o sosego necesario para se reproducir, ou cuxas crías serán devoradas polas xaurías dos cazadores. Con medidas coma esta, os responsábeis de Conservación da Natureza certifican unha vez máis a súa incompetencia para xestionar a biodiversidade galega: son o raposo a ter conta do galiñeiro!
A xustificación para o alongamento da actividade cinexética pretende, segundo a administración, rematar cos danos á agricultura, cando este sistema xa se amosou inútil para tal fin: cada ano autorízanse mais batidas e cada ano hai máis denuncias por danos, mesmo baixo a sospeita de seren feitas polos propios “cazadores-recolectores”, co obxecto de acadar autorizacións “extra” para realizar batidas á marxe da tempada oficial.
Con decisións coma esta, que abeira a inconstitucionalidade, a administración ambiental galega só pretende favorecer ao loby da caza e aos seus negocios paralelos (venda de armas e complementos cinexéticos, por exemplo), en detrimento do resto da cidadanía que ten dereito a frecuentar o monte e da propia conservación dos recursos.
Os danos ocasionados polos animais salvaxes, nomeadamente o xabarín, relaciónase coa desaparición das especies cinexéticas clásicas (como coellos, perdices, lebres, etc.), co exterminio dos depredadores naturais (principalmente o lobo) pero sobre todo co abandono do rural. Por iso, cómpre primeiro poñer o monte en valor, diversificando os usos (os monocultivos de eucalipto e do millo teñen moito que ver coa proliferación do xabarín) e coidándoo racionalmente, limpando o exceso de mato durante o inverno o que tamén rebaixaría o risco de lumes. Sen actuar sobre estes factores, meter máis pólvora e máis chumbo no monte non solucionará o problema e afondará no desequilibrio ecolóxico destas áreas.
Por iso, esiximos que se destinen recursos a limpar os montes durante o inverno, fomentando a repoboación con frondosas, factores limitantes do mato, e obrigando aos Tecores a realizar plantacións disuasorias lonxe das zonas agrarias, alén de incentivar o valado das explotacións, entre outras medidas.
Facer o xogo ao lobby da caza concedendo máis batidas non soluciorará o problema, ao igual que destinar inxentes cantidades de cartos á extinción non diminuíu o número de lumes. Con medidas coma esta, os responsábeis de Conservación da Natureza certifican unha vez máis a súa incompetencia para xestionar a biodiversidade galega: son o raposo a ter conta do galiñeiro!
Descarrega o comunicado íntegro, subscrito polas 7 principais organizacións ecoloxistas galegas (ADEGA, Amigos da Terra, Libera, Coto do Frade, Federación Ecoloxista Galega, Matar por matar NON e Verdegaia) na seguinte LIGAZÓN




















Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
No acto, organizado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e a área de Cultura do Concello, entregouse o Premio do Público ao filme Antes de Nós, de Ángeles Huerta, a obra máis votada pola cidadanía. A deputada de Cultura Iria Castro destacou que este encontro serve como adianto da gala e subliñou o orgullo de converter Lugo no epicentro do audiovisual galego durante estas semanas cheas de actividades arredor dos galardóns.
Cabe sinalar que o concello de Castro de Rei solicitou xa a súa adhesión ao novo convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias asinado entre a Consellería do Medio Rural e a empresa pública Seaga. Destacou así que a prevención é unha tarefa compartida por administracións e propietarios. Sinalou tamén as importantes novidades que presenta este convenio con respecto aos anteriores acordos, como é o incremento do orzamento, que ascende ata os 25 millóns de euros anuais.
A charla será impartida por Diego Fernández Méndez, colaborador da asociación, quen repasará a evolución do sector conserveiro e o seu impacto económico e social no municipio. A actividade inclúe un recoñecemento ás mulleres traballadoras de Conservas Albo, coincidindo coa conmemoración do 8M, cunha mención especial ás últimas empregadas que pecharon esta etapa histórica. A xornada rematará cunha degustación de produtos da marca.



