Nota de Prensa
O CONCELLO REALIZOU OBRAS DE MELLORA NA REDE DE ABASTECEMENTO Á ZONA NORTE PARA AUMENTAR A PRESIÓN DA AUGA. LLANO TAMÉN ANUNCIOU QUE MEDIO RURAL ACOMETERÁ EN BREVE O ARRANXO DO CAMIÑO DA FIGUEROA, DANADO POLAS CHUVIAS DO PASADO MES DE XUÑO.
Burela, 24 de setembro de 2010. O Concello realizou obras de mellora na rede de abastecemento á zona norte de Burela para aumentar a presión da auga. O alcalde, Alfredo Llano, agarda contentar aos veciños con ditos traballos.
O rexedor explicou que “como era unha obra necesaria e urxente o Concello o que fixo a través da empresa Espina y Delfín foi acometer unha serie de melloras na rede de abastecemento á zona norte do municipio, engadíuse unha canalización para dar máis presión á zona alta de Burela como pode ser O Campón, o hospital, a gardería… xa hai moita xente vivindo neses lugares e era importante que contasen cun bó servizo, xa que o que había estaba a ser deficitario. É unha boa noticia que agardo que contente aos veciños de toda esa zona”.
Por outra banda, Alfredo Llano anunciou que “debido ás riadas de xuño había unha serie de obras que quedaron pendentes de realizar, unha delas que é moi importante resolver canto antes é a do camiño da Figueiroa, alí hai que facer unha escolleira nesa pista que comunica o cuartel da Garda Civil coa Vila do Medio. Xa falei con Medio Rural para que se axilice a obra e dixéronme que se ían poñer con ela antes de que outras chuvias poidan provocar máis danos dos que hai. Queremos calmar un pouco aos veciños que viven nesa zona”. O alcalde engadiu que “tamén no mesmo plano imos acometer outras obras pendentes en diferentes camiños na zona do Monte Castelo e adxacentes, queremos limpar as pistas e deixalas ben ao igual que nas Pasadiñas no punto limpo tentaremos mellorar esa zona, no Camiño Real e no cemiterio. Serán un total de 7 actuacións, pensamos que se teñen que realizar o antes posible todas estas obras, hai que apostar pola prevención e iso é o que estamos a facer desde o Concello, desde a Deputación de Lugo ou desde a Xunta. Todas estas actuación suporán un investimento de 48.000 euros”.
Asamblea xeral
Alfredo Llano seguirá ata decembro na presidencia da asociación impulsora do Pacto Territorial polo Emprego. O alcalde burelés contou que “para onte estaba convocada unha asamblea xeral da asociación impulsora do Pacto Territorial polo Emprego co fin de proceder á renovación da xunta directiva que rematou o sue mandato hai un par de meses. Acudimos 8 persoas a esta cita e decidimos entre nós como quedaría composta a xunta directiva. Eu sigo como presidente coa intención de darllle continuidade ao traballo iniciado e xa que non se presentaron moitas máis candidaturas. No cargo seguirei ata decembro que será cando remate este pacto. A tesorería foi asumida por Cancio que segue tamén na secretaría e houbo un cambio na vicepresidencia que pasou de Comisións Obreiras a UXT e a outra vicepresidencia caeu no representante da CEL”.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



