Nota de Prensa
A Deputación aproba obras por valor de 1,2 millóns de euros en 4 Concellos da provincia
– Trátas de 6 novas actuacións que se levarán a cabo nos municipios de Taboada e Guntín, dentro do canon 2008-2009, así como nos de Navia de Suarna e Chantada dentro do Plan de Obras e Servizos de 2010
– Antonio Gato subliña que “mentres continuamos impulsando a obra pública na provincia, o goberno de Feijóo, facendo caixa, deixou caer a obra pública nun 57% en 2009. O Presidente da Xunta ten ós Concellos abandonados en relación coas novas obras”
– O vindeiro luns celebrarase o Pleno do Consorcio Provincial de Bombeiros para avanzar na posta en marcha dos parques e o xoves presentarase o libro Km0.Rutas Provincia de Lugo”, a 1ª publicación que vende á provincia na súa totalidade
A Xunta de Goberno deste venres aprobou seis novas obras por valor de 1,2 millóns de euros nos Concellos de Taboada, Guntín, Navia de Suarna e Chantada. Trátase do acondicionamento dos accesos As Neves e Xián, Catelo-Ider, Insua- Vila, no municipio taboadense, e de Trasdulfe a Pradeño, no de Guntín. Estas actuacións, que suman 365.164 euros, inclúense dentro do canon 2008-2009. Asimesmo, adxudicouse o ensanche e mellora da estrada provincial que vai de Navia de Suarna por Silvouta a Vilaquinte. Esta é a segunda actuación que o organismo provincial executará co Plan de Obras e Servizos (POS) de 2010, dotado con 2,2 millóns de euros. Neste caso, o investimento que se adica ó acondicionamento de 4 quilómetros deste vial ascende a 800.000 euros.
O voceiro provincial socialista, Antonio Gato Soengas, subliñou que “a Deputación continúa impulsando a obra pública nos Concellos a diferenza da Xunta que, facendo caixa, deixou caer a obra pública nun 57% en 2009. Feijóo ten ós Concellos abandonados en relación coas novas obras e adícase dende a Consellería de Política Territorial a asinar convenios cos 51 municipios do Camiño; convenios por valor de 285 euros nalgún caso ou de 300. Se botamos contas do que costan os informes de asesoraría xurídica ou a mensaxería, probablemente se gaste máis do que se recibe”.
A este respecto, Gato Soengas engadiu que “esta é a mostra clara do goberno de Feijóo, quen, sen embargo, segue tende cartos para o Gaiás, para a visita do Papa ou para publicitar o decreto, ten cartos para todo menos para cooperar cos Concello e para facer obra pública”.
Ademais dentro do POS, aprobouse a adxudicación provisional do abastecemento ó polígono industrial dos Acivros, en Chantada. Para esta actuación, que ten un investimento total de 170.000 euros e financiada polo Ministerio de Administración Pública, Deputación e Concello, o organismo provincial achega 22.347 euros.
Pleno Consorcio Provincial de Bombeiros
Antonio Gato anunciou que o vindeiro luns, ás 10:15 horas, celebrarase o Pleno do Consorcio Provincial de Bombeiros no que se avanzarán os trámites para avanzar na posta en marcha da rede provincial de extinción de incendios. Na sesión está previsto que se aprobe a liquidación do Orzamento de 2009, a modificación dos Estatutos, os pregos para a xestión dos 4 parques de nova construción (Viveiro, Vilalba, Chantada e Sarria) máis os de Barreiros e Monforte, así como a adquisición de novo material para o equipamento dos mesmos.
O 1º libro que vende toda a provincia
Antonio Gato anunciou que o xoves, 30 de setembro, ás 20:00 horas, no restaurante dos Robles presentarase o libro “Km0.Rutas Provincia de Lugo”. Trátase do primeira publicación que vende a provincia na súa totalidade. Nel recóllense as 127 rutas que forman o programa medioambiental pioneiro en España de visitas institucionais á provincia e á Deputación; unha iniciativa que acadou grande éxito e sobre a que xa mostraron interés outras institucións provinciais de Galicia e do resto do Estado. Nestes momentos, unhas 18.000 persoas xa participaron neste programa.
Ademais das rutas de Km0, o libro inclúe as 14 da modalidade Xtreme, que poñen en valor as Reservas de la Biosfera a través do deporte e a multiaventura, e as 25 de Km0 a Compostela, iniciativa coa que a Deputación se converteu na primeira administración cunha programación estable previa ó Xacobeo.
Este programa reivindica o papel da Deputación e faina visible ó tempo que impulsa a economía provincial a través do medio ambiente e do comercio. Tal é así que con esta iniciativa o organismo provincial contribúe a manter 3.000 postos directos e indirectos en sectores como os do comercio, hostalería ou turismo.
Ó acto de presentación están convidadas autoridades provinciais e locais, proveedores de Km0, centros culturais que se visitan co programa, casas de turismo rural, restaurantes, asociacións culturais e veciñais, etc.



















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



