Nota de prensa:
COMUNICADO DO COMITÉ DE EMPRESA
de……COSTIÑA S.L. ………………ANTE A FOLGA DO 29 DE SETEMBRO
A Reforma laboral aprobada recentemente no Parlamento do Estado, crea una precariedade absoluta que afectará sen distinción aos traballadores e traballadoras fixos e eventuais.
A Reforma laboral provoca a indefensión ante o despedimento, de tal xeito que a figura de “despido preventivo” por causas obxectivas aparece por primeira vez na Lexislación Laboral, polo que a Empresa poderá alegar previsión de perdas para proceder ao despedimento individual ou colectivo con 20 días de indemnización por ano. Tamén inclue para o despido, a diminución de ingresos como causa obxectiva, con independencia de que a Empresa contabilice beneficios no mesmo exercicio. As causas obxectivas por razón técnicas, económicas e de producción, tamén se flexibilizan, polo que a implantación de novos elementos técnicos ou o reemplazo de máquinas permite o despedimento.
Tamén se facilita o despido procedente por baixas de enfermidade ou accidente non laboral menores de 20 días.
A implantación das ETTs a todos os Sectores provocara a substitución de traballadores e traballadoras contratados directamente pola Empresa. Os Convenios Colectivos non poderán prohibir nen limitar a actuación das ETTs. As Empresas terán mais facilidades para non aplicar temporalmente o Convenio, no que respecta a salarios, xornada laboral e mobilidade funcional ( mobilidade do posto de traballo).
A maiores o Goberno xa ten en carteira a reforma das Pensións, do Desemprego e dos Convenios, no que o Partido Popular reclama que se prohíban as Folgas durante a negociación do Convenio.
Todas estas Reformas pretenden deixarnos sen dereitos, para en definitiva provocar una maior sobre explotación da Clase Traballadora, que traballemos maís e cobremos menos. Transferir mais salarios dos traballadores e Traballadoras para as rendas do capital. Os ricos serán mais ricos e a Clase Traballadora mais pobre.
Non podemos ter dúbidas, a Folga do 29 é una resposta mínima a esta agresión sen precedentes. Temos forza e a demostraremos. Poñamos as Reformas laborais en cuarentena.
TODOS E TODAS A FOLGA O 29
Comité de Empresa
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



