Nota de Prensa
A PARELLA DE CERVENSES ITALIANOS CHEGOU HOXE AO CERVO GALEGO
Franco Barone e Eleanora Cuffaro, a parella de recen casados procedente de Cervo (Italia) chegou esta tarde ao Concello de Cervo para pasar tres días de estancia no Cervo galego. Nada máis chegar ao hostal “O Pazo” de San Ciprián procedentes do aeroporto de Lavacolla, Eleanora e Franco recibiron a benvida do alcalde de Cervo, Alfonso Villares e da concelleira de Asuntos Sociais, Pilar Armada; así coma polo propietario do local.
Unha vez estean instalados na súa habitación e descansen, a parella transalpina ten previsto cear con Alfonso Villares; e mañá ás 13.30 horas serán recibidos oficialmente na Casa do Concello.
A estancia deste matrimonio no concello mariñán forma parte da iniciativa posta en marcha hai dous anos polos concellos galego e italiano de Cervo durante os actos oficiais do seu irmandamento. Daquela ámbolos dous alcaldes acordaron que a primeira parella de cada un dos dous concellos que contraera matrimonio (civil ou relixioso) cada ano sería convidada a tres días de estancia con tódolos gastos pagados no concello homónimo ao do seu orixe. Esta idea persegue potenciar o vínculo iniciado entre estes dous concellos do mesmo nome.
A parella de cervenses galegos formada por Iraida Labori Sánchez e Ramón Díaz Salgado estiveron dende o pasado día 23 visitando o Cervo italiano
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



