Nota de Prensa
O PRAZO DE MATRICULA PARA O PAI PROLONGARASE UN MES MAIS
* Os responsables municipais mantiveron onte pola noite unha reunión cos pais e nais dos nenos para explicarlles as novidades deste curso e as xestións levadas a cabo dende o Concello diante da Tesourería Xeral da Seguridade Social para trasladar as instalacións á Casa do Mar
Cervo, 8 de agosto de 2010.- Onte pola noite tivo lugar unha xuntanza no salón de actos da Casa do Mar de San Ciprián entre os pais e nais dos nenos matriculados no Punto de Atención á Infancia e as responsables municipais de Educación e Servizos Sociais.
Na xuntanza os proxenitores tiveron a oportunidade de informarse da man do equipo encargado deste servizo público e gratuíto posto en marcha polo Goberno municipal do partido Popular de Cervo no ano 2002 dirixido aos nenos menores de tres anos das novidades establecidas para esta temporada.
Con respecto aos anos anteriores, este ano o PAI presenta como novidade máis significativa a prolongación do seu horario de funcionamento de 8 da mañá a 8 da tarde de xeito ininterrompido co fin de axudar a compatibilizar a vida familiar e laboral dos pais con nenos menores de tres anos.
Este aumento nos horarios traerá consigo unha serie de servizos que ata o de agora non se viñan ofrecendo, coma é a posibilidade de que os nenos e nenas poderán xantar nas instalacións do PAI a comida que traian dos seus respectivos domicilios, xa que as coidadoras encargaranse de darlles o xantar. Para cubrir este servizo o Concello de Cervo ven de ampliar de tres a catro o número de profesionais en Educación Infantil e Pedagoxía que desempeñarán estas labores de coidado e formativas entre os nenos.
UN MES MÁIS PARA MATRICULARSE
Neste sentido as edís de Educación e Servizos Sociais, Yolanda Pedreira e Pilar Armada respectivamente, anunciaron a decisión do Goberno local de prolongar un mes mais o prazo de inscrición para poder acudir ao PAI. “O que pretendemos é facilitar ao máximo a posibilidade de que as familias do termo municipal se podan beneficiar deste servizo gratuíto promovido dende o Concello” recalcaron.
Por último, Pedreira e Armada sinalaron que na xuntanza tamén se lles informou aos pais o proxecto municipal de adecuar os baixos en desuso da Casa do Mar para ubicar neles este servizo e tamén se lles deu a coñecer as distintas xestións levadas a cabo nos últimos anos para conseguir dispoñer destas instalacións, que actualmente levan máis de dous anos pechadas.
A apertura do Punto de Atención á Infancia (PAI) no ano 2002 constituíu unha aposta firme do Goberno municipal do Partido Popular pola creación dun recurso destinado a nenos e nenas que necesitan atención e coidado durante un tempo diario e que non poden incorporarse a un centro de educación infantil. A través deste servizo -sen custe algún para os seus beneficiarios- o Concello de Cervo contribúe ao desenvolvemento integral dos nenos e nenas, e facilita a difícil tarefa de conciliar a vida laboral e familiar.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



