Nota de Prensa
VISTA ALEGRE E O BURELA FS INAUGURAN 2010-11 COA VISITA DO MELILLA FS
![]()
O espectáculo futbolístico volve a Vista Alegre, na oitava tempada do Burela FS na División de Prata. Os laranxas inaugurarán a campaña 2010-11 mañá, ás 18.30 horas, coa visita do Melilla FS.
Coincidindo co noveno aniversario do club burelista, saltará á pista un cadro con caras novas. Cimentado na veteranía e experiencia de Juanma, Edu, Purao e Minu, o vestiario mariñán destaca pola aposta da xuventude de habituais como Brais, Manu, Christian e André coas novas incorporacións de Víctor Cachón e Adri Gaona (Extremadura Cáceres 2016), Paleta (Virgili Cádiz) e Esteller (Lagunas Playas de Salou).
Os de Suso Rey afrontan este novo ciclo coa humildade que caracteriza a un equipo modesto que basea os seus éxitos no esforzo e traballo diarios como grupo. Despois dunha pretempada marcada pola adaptación paulatina das incorporacións e algún que outro lesionado, o Burela FS manterá a súa característica verticalidade co perfeccionamento defensivo.
Esta será a primeira visita á bomboneira do Melilla FS. O conxunto de Sergio Mullor, que rematou na sétima praza do Grupo Sur 2009-10, tamén experimentou cambios. Entre as novidades do cadro figuran o ex-burelista Gordillo, Garzón (Caravaca), Chamo (FS Valverde) e Junior (Fisiomedia Manacor). Segundo declaracións de Mullor a El Faro de Melilla, o Burela FS atopará este sábado un cadro compacto: “Conseguimos realizar un conxunto máis homoxéneo ca en tempadas anteriores, sendo na actualidade un bloque por riba das individualidades. Isto fai concibir grandes esperanzas da realización dunha boa tempada, iso si, tendo que traballar arreo en cada unha das xornadas, pensando soamente partido a partido indistintamente do rival que teñamos fronte a nós”.
Rivais. Un total de 19 equipos compoñerán o único grupo da División de Prata 2010-11, que competirá en liga regular ata o 7 de maio de 2011. Aquel que remate líder terá na súa man o ascenso directo a Honra; entre o segundo e o oitavo clasificado pelexarán por outras dúas prazas para a elite en formato play off, xunto ao décimo cuarto de Honra. A primeira xornada tamén acollerá os enfrontamentos de Albacete 2010-AP Brihuega, UPV Maristas Valencia-Gáldar Gran Canaria, Lanzarote Tias Yaiza-ElPozo Ciudad de Murcia, OPDE Ribera Navarra-UMA Antequera, FC Barcelona B-Extremadura Cáceres 2016, Space Gasifre Eivissa-Ribera Alta Tobarra, Arcebansa Chint Zamora-Unión África Ceutí e Puertollano FS-BP Andorra; o descanso será para o Jaén FS.
A Pataca Naranxa. A peña burelista celebrará o Día do Socio/a mañá, cun xantar gratuíto na Parrillada de Jandro, programado para as 14.30 horas. Os socios/as do colectivo recibirán nesta cita a camiseta oficial 2010-11.























Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
