Nota de Prensa
Hoxe tivo lugar o congreso no centro social de Fingoi
DANIEL VEGA ELIXIDO PRESIDENTE PROVINCIAL DE NOVAS XERACIONS
– Contou co apoio do 95,23% dos 63 compromisarios.
– A secretaria xeral recae en JOSE ANTONIO GONZÁLEZ VÁZQUEZ de Lugo Cidade
– Vega cualificou á xuventude como o motor e a salsa da sociedade lucense e o músculo que fará posible o cambio de Goberno na Deputacion
Daniel Vega Pérez foi elixido hoxe presidente de Novas Xeracions ña provincia de Lugo no congreso celebrado no día de hoxe no centro social de Fingoi da cidade capital
A sua candidatura obtivo voto favorable do 95,23% dos 63 compromisarios asistentes. O numero dous de Dani Vega será Jose Antonio González Vázquez da cidade de Lugo. A portavoz será a sarriana Noelia Diaz Bruña. A responsabilidade de secretario de presidencia a exercerá Jacobo da Silva Ares. En comunicación a vicesecretaria recae en Sonia Fernández. Cillero de Mondoñedo. A vicesecretaria de organización corresponde a Pablo Flórez Rodríguez e a territorial Sofía Pérez Fernández. Todos eles conforman o Comité de Dirección
As coordinadoras serán para Jose Miguel Coira (Economía e Industria), Yaiza Neira (Vivenda e Solo), Lorena García Osorio (Traballo e Benestar), Helena del Valle Mourenza (Educación e Universidade), Álvaro Galván Montaña (Medio Rural e Medio Ambiente), Patricia Rivera Lourenzo (Familia), Jose Balbino González Río (Mar), Pablo Domenech González (Deporte), Vanesa Prieto Vázquez (Acción electoral) e Alba Lopez Mourin (Asociacionismo e voluntariado)
Os vocais son Diego Campo, Fermin Santin, Jessica Parada, Rosa Arza, Fernando Carreiras, Judith Casabella, Alberto García, Antonio Recalde, Adrián Mourelle, Catarina Blanco e Jacobo Río
Vega cualificou á xuventude como o motor e a salsa da sociedade lucense e o músculo que fará posible o cambio de Goberno na Deputacion

















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



