Nota de Prensa
A proposición non de lei insta tamén á Xunta a estender o estudio da evolución da praga ao resto dos exemplares da zona que poidan estar danados
EMMA ÁLVAREZ PRESENTA UNHA INICIATIVA NO PARLAMENTO PARA QUE SE DIAGNOSTIQUE E TRATE A ENFERMIDADE QUE AFECTA AOS EUCALIPTOS DO SOUTO DA RETORTA
Santiago, 7 de setembro de 2010.- A deputada do Grupo Popular Emma Álvarez Chao ven de presentar no Parlamento galego unha iniciativa pola que se insta á Xunta a diagnosticar, por parte dos técnicos da Consellería de Medio Rural, a posible enfermidade que está a afectar aos eucaliptos do Souto da Retorta, o Eucaliptal de Chavín, en Viveiro, así como a proceder ao tratamento da masa forestal danada.
A proposición non de lei insta tamén á Xunta a estender o estudio da evolución da praga ao resto dos exemplares da zona que poidan estar danados, despois de que veciños e visitantes do Souto da Retorta coincidiran en advertir de que os eucaliptos do dito espazo perderon unha importante cantidade de folla, chegando a secar algunha destas árbores xa centenarias, polo que é posible que sexa vítima dalgunha praga como a do goniptero, que afecta a esta especie de eucalipto.
O Eucaliptal de Chavín foi creado en 1875 por José Barro, propietario da antiga fábrica téxtil de Chavín e hoxe en día é patrimonio da Xunta de Galicia e está declarado como Monumento Natural. Ten unha masa eucaliptal da especie eucalyptus globulus composta por uns 600 exemplares, os máis novos dos cales foron plantados en 1912. Entre estes exemplares destaca o coñecido como o “Abó”, que supera os 80 metros de altura, cun diámetro superior aos 2,5 metros e un perímetro de tronco duns 10,5 metros. O Servizo de Conservación da Natureza sitúao como o que ten un maior volume de madeira, uns 75 metros cúbicos, e a documentación existente indica que é un dos máis grosos de Europa.
A iniciativa presentada por Álvarez Chao insta igualmente á Xunta a facer un seguemento posterior, unha vez tratado o eucaliptal, para verificar a efectividade da actuación.




















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.