1992: Ribadeo perde a rama sanitaria de FP… un feito, como outros moitos de perdas que leva Ribadeo. Eficiencia na xestión, alégase unhas veces. Aforro de cartos, outras. Non hai xente abonda (conxunto das dúas anteriores, dando un rodeo), aínda outras. Mentres, segue a derrama. Agora tocoulle o turno ó ‘Bacepa’, nome abondo malsoante que tras de si ten unha realidade: a do bacharelato (Bac) no ensino permanente de adultos (Epa).
Polo momento, ‘non o levan’. Simplesmente, desarman o que hai, deixándoo no chasis, sen dar unha alternativa funcional. Na retórica oficial, substitúen a educación presencial pola semipresencial.
As razóns? O certo é que non o teño craro: Poucos alumnos, dixeron. A resposta do centro, contundente: aí están as listas e os asistentes. Eficiencia dos cartos (non o dixeron así ás craras, que eu saiba). Resulta que hai profesorado no centro que o imparte, o IES Dionisio Gamallo Fierros, con horas abondas para cubrir horario. Non se lles ocorreu dicir tampouco o de ‘un maior rendemento educativo’: sen preparación previa do centro, do profesorado e dos propios alumnos, dificilmente podería manterse máis aló de dez segundos unha afirmación semellante. Podíase ter dito tamén ‘é o futuro’, e quizáis por aí non irían moi errados… se o contemplaran como algo complementario, que pode facilitar as cousas a algunha xente, en troques de suplementario, dificultando o acceso á educación a xente que se está a beneficiar del nestes momentos.
En canto á técnica seguida para o cambio, a cousa está crara: ordeo, mando e faigo saber, e queda o verán por medio, dificultando as protestas de alumnos e tamén dos profesores. Tamén está a técnica política: se temos un grupo de man no concello, non hai apoio unánime á postura contraria ós nosos quereres, e nese sentido, vaise capeando o temporal. O tempo, de parte de quen manda: non é a primeira vez que sucede, a historia está chea de casos semellantes, e as cousas vanse esquecendo.
Polo medio, acusacións e medias verdades ou mentiras contra datos obxectivos. E desmobilización, facendo esquecer e esquecendo aquelo de se debe defender o que cremos xusto, nos afecte ou non: pois en caso contrario, ademáis de propiciar a inxustiza, córrese o perigo de non ter quen nos defenda cando sinxelamente defendamos un dereito que esteñamos a usar nós: eso tamén é educación.
En fin, aproveito o mandato da diretiva de O Tesón para, ó tempo que deixo constancia do apoio desta AVV á permanencia en Ribadeo do bacharelato presencial de adultos no actual formato presencial, tentar de que a sociedade ribadense non esqueza un problema máis e chamar a atención sobre algún aspecto da actualidade educativa ribadense. A educación pode ser un xogo, hai xogos educativos, pódese xogar … pero sabendo que é un xogo, e que Ribadeo ten necesidades adultas, como pobo adulto que é.
Antonio Gregorio Montes






















As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



