Burela, 21 de xullo de 2026. A diversidade de Burela tamén está presenta na música que se escoita. Por iso, dende o Recuncho Multicultural do Concello de Burela encargáronse de crear unha playlist que recolle parte das músicas que forman parte da realidade social e cultural do municipio. O listado, que estará dispoñible na páxina web municipal nun apartado específico do Recuncho Multicultural, nace da colaboración das asociacións e colectivos da vila.
A selección combina música galega con artistas e ritmos doutros países presentes na vida cotiá da vila. Entre as propostas atopamos temas de artistas galegos como Ortiga, Fillas de Cassandra, Tanxugueiras, Baiuca, Xabier Díaz ou Leilía, xunto con músicas de Cabo Verde, Senegal, Perú, Marrocos e doutros lugares do mundo, reflectindo a diversidade cultural que caracteriza ao municipio.
Na elaboración da playlist participaron entidades e colectivos como a ACM Arume, Raíces Peruanas, ASPEBU, a ACM Dambara, o grupo Batuko Tabanka, DJ Senín e o propio Concello de Burela, que foron achegando as cancións que consideran representativas da diversidade musical presente na vila.
O tenente de alcaldesa de Burela e concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destaca que “esta playlist é un paso máis dentro do traballo que estamos desenvolvendo dende o Recuncho Multicultural para dar visibilidade á diversidade cultural de Burela tamén a través da música”. Ademais, sinala que “o resultado é posible grazas á implicación das asociacións e colectivos da vila, que achegaron as súas propostas e contribuíron a construír unha selección que representa a pluralidade cultural do noso concello”.
Unha inicitiva que se mantén aberta á participación
Tanto a veciñanza como colectivos que desexen incorporar novas cancións á playlist poden facer as súas propostas de maneira presencial ou enviándoas ao correo electrónico integracioninmigrantes@burela.org.
Dende o Concello de Burela quixeron agradecer a colaboración de todas as persoas e entidades que participaron na elaboración do listado e animan á veciñanza a seguir enriquecendo esta playlist con novas propostas.























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



