Nota de prensa
O BNG DE BARREIROS DENUNCIA A UTILIZACIÓN POLÍTICA QUE FIXO O PP DOS MAIORES QUE ASISTIRON A PASADA FIN DE SEMANA Á FESTA DA TERCEIDA IDADE. OS NACIONALISTAS DIN QUE A DELEGADA TERRITORIAL DA XUNTA PRONUNCIOU UN MITÍN NO QUE VOLVEU PROMETER PARA BARREIROS UN CENTRO DE DÍA PARA O QUE NON HAI UN SÓ EURO CONSIGNADO.
Barreiros, 27 de outubro de 2010. O BNG de Barreiros denuncia a utilización política que fixo o PP dos maiores que asistiron a pasada fin de semana á festa da terceira idade. Os nacionalistas aseguran que a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, pronunciou un mitín no que volveu prometer para Barreiros o tan necesitado centro de día para o que non hai nin un só euro consignado.
Para o BNG de Barreiros “na visita que fixo días pasados a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, á comida da terceira idade sorprendéunos o seu discurso aínda que entre aspas, xa que desde o PP o único que escoitamos son anuncios. Para nós é benvida Raquel Arias a Barreiros, pero cando alguén con responsabilidades políticas ven falar diante dos nosos maiores pensamos que hai que ter respecto á xente para a que se fala, non se lle poden vir facer anuncios e dar un discurso político como deu ela, onde xustificaba os orzamentos da Xunta e anunciaba que de cada 4 euros 3 serían para sanidade e atención social. É curioso que o veña dicir á Mariña, porque iso na Mariña non pasa e en Barreiros menos”.
Desde o Bloque Nacionalista Galega sinalan que “o que rechina aínda máis é que anunciara novamente un centro de día para Barreiros. Iso era unha promesa do señor Núñez Feijoo en campaña electoral que dixo que todos os concellos de máis de 1.500 habitantes terían un centro de día. É curioso porque iso anuncióuse na campaña de 2009 e nós durante ese ano, unha vez que Feijoo tomou posesión, preguntámolo no Concello e non había nada ao respecto. Neste 2010 voltamos a insistir e incluso presentamos unha moción que foi votaba en contra polo PP, nela pedíamos que se procedera a licitar a construcción dese centro de día prometido e que se informase sobre os prazos de execución, orzamentos e da súa posta en funcionamento. A parte de non recibir ningunha información nese pleno o PP votou en contra da proposta alegando que era palabra do presidente e que se ía ter”.
Aos nacionalistas tamén lles parece “curioso que agora a delegada territorial da Xunta veña a dicir o mesmo diante dos potenciais usuarios dese centro de día, diante de máis de 400 persoas de Barreiros. Iso non é de recibido, entendemos que con estas visitas de cargos públicos e políticos ás comidas dos maiores o que está a facer o PP é utilizalos políticamente porque desde logo que o discurso de Raquel Arias é un auténtico mitín político. E xa chove sobre mollado porque o ano pasado fixeran o encontro conxuntamente en Lourenzá os tres Concellos gobernados polo PP, Barreiros, Trabada e tamén Lourenzá e leváronos alí para que o presidente da Xunta se dese un baño de masas. Probablemente alí anunciou ese centro de día para Barreiros, este ano anúnciao Raquel e seguro que ano que ven voltarán a anuncialo, pero nós o que queremos é velo no papel. Queremos ver ese compromiso que sí moi é necesario para Barreiros”.
Ao BNG de Barreiros parécelle moi ben que se fagan cantas máis actividades para os maiores mellor, que se fagan un xantar ou unha cea porque é bó que se xunten os nosos maiores unha vez ao ano, pero ademáis diso hai que ir a cousas importantes e que sí lles reportarán unha mellor calidade de vida como pode ser ese centro de día para Barreiros porque temos unha poboación moi avellentada. Menos anuncios e menos utilización política dos nosos maiores e cando se ven a Barreiros haberá que facelo con compromisos escritos en papel non con anuncios gratuitos”.





















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



