Nota de prensa:
A Deputación dá traballo a 27 desempregados da provincia co 1º Centro de Innovación Social de Galicia
– Economistas, educadores sociais, administrativos e técnicos audiovisuais, entre outros, conforman o equipo do centro denominado “In Lugo”, dedicado á innovación empresarial no campo do benestar social
– Ademais de crear emprego, a Deputación aforrará cartos ás PEMES ofrecéndolles probas con público real e experimentos dos seus produtos antes de saír ó mercado
– 18 titulados medioambientais iniciaranse en empresas coas bolsas da Deputación ofertadas ata o 2 de novembro
A Deputación publicou este xoves na súa páxina web e no taboleiro de anuncios a listaxe de traballadores admitidos, tras o recente proceso selectivo, que pasarán a integrar o 1º Centro de Innovación Social que existe en Galicia. En España só existen infraestruturas semellantes en Cataluña, Bilbao e Guipúscua pero ningunha delas está dedicada ó benestar social, como será o caso de Lugo. In Lugo –nome oficial do centro-, está dotado inicialmente de 1,5 millóns de euros grazas ó Plan Avanza e co-financiado polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. In Lugo permitirá dar traballo a 27 desempregados de diferentes sectores da provincia que iniciarán as súas funcións a principios de novembro.
Licenciados en Ciencias Económicas ou Dirección e Administración de Empresas, diplomados en Humanidades, Educación Social, conserxes, persoal de oficina e ata axentes dinamizadores Multimedia-TIC e de Benestar Social conforman o equipo de profesionais que traballará a partir de novembro nas instalacións da Fundación TIC da rúa Plácido Rei Lemos, aproveitando o piso superior do edificio e os medios tecnolóxicos da Escola de Imaxe e Son dependente da Deputación.
A iniciativa do organismo provincial, ademais de xerar emprego na provincia, aforrará cartos ás PEMES, xa que poderán experimentar cun público real os seus produtos e servizos dedicados ó benestar social antes de arriscarse no mercado. Pero In Lugo tamén fomenta unha terceira idade activa, impide o illamento da poboación e dinamiza o tecido industrial. O seu obxectivo será a creación de servizos e produtos que melloren a calidade de vida dos colectivos máis desfavorecidos mediante a colaboración directa de profesionais e cidadáns.
Deste xeito, impulsarase a creación de novidosos proxectos baseados nas TICs para facilitar a vida dos maiores e persoas dependentes, como están a facer con moito éxito os outros centros abertos en España.
Máis emprego medioambiental
Dentro da aposta da Deputación pola creación de emprego, outros 18 recén titulados da provincia en enxeñerías medioambientais, agropecuarias, industriais, agroalimentarias, así como licenciados en Ciencias ou Turismo, tamén teñen a oportunidade de lograr traballo coas bolsas europeas remuneradas do organismo provincial. Trátanse das bolsas Lug02, -o programa medioambiental da Deputación dotado de 5 millóns de euros e co-financiado nun 70% pola Unión Europea-, que ofertan 4 meses de prácticas en prestixiosas empresas no Reino Unido, Italia, República Checa, Portugal, Alemania e Austria, e 8 meses en entidades lucenses situadas nas 3 Reservas da Biosfera da provincia.
A Deputación faise cargo de todos os custes: a viaxe de ida e volta, aloxamento, manutención e gastos dos organismos de acollida na cidade de destino; supoñendo un custe cero para os beneficiados. A maiores, durante a estancia nas empresas de Lugo recibirán 1.000 euros mensuais.
Os interesados poden formalizar a súa solicitude ata o 2 de novembro, chamando ó número de teléfono 982 26 00 46, na web da Deputación ou no enderezo electrónico: lugo2@deputacionlugo.org
Os participantes teñen que estar empadroados nalgún dos Concellos da provincia e dispoñer dunha titulación académica relacionada cos fins do programa medioambiental , obtida durante os anos 2007, 2008, 2009 ou 2010.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



