Nota de prensa:
Arrinca o curso de curtametraxes sobre a Muralla da Fundación TIC e o Concello de Lugo
– A Concelleira de Xuventude do municipio lucense inaugura a xornada este mércores ás 16:00 horas no Centro de Produción e Programas da Deputación
– 15 alumnos recibirán 50 horas de formación práctica e teórica que complementarán coa gravación dunha curtametraxe
– Esta iniciativa, que se inclúe dentro do programa municipal Lugo10, engádese ó Primeiro Concurso Nacional de Curtas e Maquetas cuxo prazo de presentación de traballos remata o 30 de outubro
A Fundación TIC, dependente da Deputación, e o Concello de Lugo, poñen en marcha este mércores o curso de curtametraxes sobre a Muralla, unha iniciativa que se inclúe dentro de Lugo10, o programa municipal co que ambas as dúas administracións están a promocionar ó exterior o Monumento Bimilenario con motivo do seu décimo aniversario como Patrimonio da Humanidade declarado pola UNESCO. A Concelleira de Xuventude, Rosala Rielo, inaugurou a xornada esta tarde, ás 16:00 horas, no Centro de Produción e Programas do organismo audiovisual da Deputación.
15 rapaces de entre 14 e 30 anos, todos eles da provincia ou ben estudantes ou traballadores en Lugo, participan nesta xornada formativa que consta de 50 horas de formación, – 20 teóricas e 30 prácticas-, que se complementan coa gravación dunha curtametraxe sobre a Muralla.
Esta iniciativa, que se impartirá dende hoxe e ata o 3 de decembro, súmase ó Primeiro Concurso Nacional de Curtas e Maquetas que impulsan Deputación e Concello de Lugo co obxectivos de potenciar a imaxe da Muralla e da provincia polo país, así como para fomentar a creatividade audiovisual entre a mocidade e a súa inserción laboral.
30 de outubro
Todos os interesados en participar nesta iniciativa poderán presentar os seus traballos ata o 30 de outubro a través da Internet, mediante a aplicación destinada ó efecto no microsite www.fundaciontic.org/maquetas; ou á dirección da Fundación TIC (rúa do Arco, s/n 2004 Lugo) no caso as curtas. Ademais, para participar no concurso é necesario achegar o boletín de inscrición que se pode descargar na web da Fundación (www.fundaciontic.org).
Bases e premios
As bases establecen que a creación debe ser inédita, e tan só poderá presentarse un traballo por participante ou grupo. As curtas poden ser mudas ou con son incorporado, en castelán ou galego; de non ser así, deberán ter subtítulos nun destes idiomas. Teñen que presentarse en formato DVD cunha duración máxima de 10 minutos. Polo que se refire ás maquetas, admitiranse cancións de calquera estilo.
En cada unha das modalidades –curtas e maquetas- haberá tres premios: un dotado con 2.000 euros para o traballo que mellor ensalce a Muralla; outro de 1.500 para o que potencie máis a provincia, e un terceiro de 1.000 euros destinado a autores de menos de 30 anos. Tanto as maquetas musicais como as curtas formarán parte dos arquivos da Fundación TIC e do Concello de Lugo.




















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



