Nota de Prensa
O único concelleiro nacionalista na Corporación municipal defendeu no día de onte unha moción na que pedía a supresión do ente provincial
O PP de Cervo empraza ao voceiro local do BNG a que, se non cre nas deputacións, actúe en consecuencia e deixe o seu posto de traballo
* Xoán Antón Estua traballa como administrativo do grupo provincial nacionalista, un posto de libre designación, cuxo salario procede da facenda da Deputación.
* As incoherencias nas que diariamente incorren os nacionalistas amosan a súa falta de seriedade, rigor e unha política baseada no engano: afirman unha cousa e actúan de xeito contrario.
Cervo, 1 de outubro de 2010.- O Partido Popular de Cervo empraza ao voceiro local do Bloque Nacionalista Galego a que, se non cre nas deputacións, actúe en consecuencia e deixe o posto de traballo que neste momento está a desenvolver neste organismo. O único concelleiro nacionalista en Cervo defendeu no día de onte unha moción –que non prosperou- na que pedía a supresión desta administración provincial, todo iso, pese a que Xoán Antón Estua traballa como administrativo adscrito ao grupo provincial nacionalista, un posto de libre designación cuxo salario procede da facenda da Deputación de Lugo.
Os populares sinalan que as incoherencias nas que diariamente incorren os membros do BNG amosan a súa falta de seriedade e o seu mínimo rigor. En base a iso emprázalles a actuar en consecuencia e abandonar todos os cargos de responsabilidade que poidan desenvolver en institucións nas que non cren e das que incluso piden a súa supresión. Segundo o PP o BNG está a practicar neste asunto unha política baseada no engano: afirman unha cousa e actúan de xeito contrario.
De feito, Xoán Antón Estúa está a beneficiarse dobremente da Deputación provincia de Lugo pois, a pesar de que cobra un salario do ente provincial, pagado por todos os lucenses, non ten o seu centro de traballo neste organismo senón na sede comarcal que o BNG ten en Foz. A devandita circunstancia converte ao voceiro nacionalista en Cervo, que agora renega das Deputacións, en un “liberado” a cargo dos fondos provinciais.




















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



