Nota de Prensa
O BANCO DE TEMPO DO CONCELLO DE BURELA CONTA XA CON 19 SOCIOS E ATÓPASE NA REDE SOCIAL FACEBOOK.
Burela, 1 de outubro de 2010. O banco de tempo do Concello conta xa con 19 socios, 11 mulleres e oito homes, e atópase na rede social facebook, segundo anunciou hoxe a concelleira de Emprego e Formación, Sonia Fraga.
A edil socialista explicou que “no mes de setembro iniciamos unha nova tempada do banco de tempo con 15 socios e hoxe xa podemos dicir moi orgullosos que contamos con 19 en total, xa que estes días se produciron catro novas altas de persoas que están interesadas en participar en dito servizo prestando unha labor humana e gratuita tan necesaria nestes tempos. Un dos obxectivos do banco de tempo é dar unha proximidade de contacto da xente do concello e favorecer así as relacións sociais entre os veciños”.
Sonia Fraga amósase moi satisfeita “do traballo que se está a realizar dentro deste departamento e seguimos mellorando para que continúe este servizo. As actividades que se ofrecen entre os membros do banco do tempo son variadas, necesarias e algunhas delas chamativas coma por exemplo o coidado de animais candos os donos/as se van de viaxe. As persoas que intercambian o seu tempo e o seu traballo ofrecen clases de informática, fotografía, coidado de nenos, coidado de prantas, ensino de linguaxe musical, etc…”.
Na rede social facebook “ven de crearse un grupo de amigos con toda a información do banco de tempo. Para acceder a ese enlace hai que buscar Bdt Concello de Burela. Ademáis estamos a traballar nuns dípticos con toda a información sobre este servizo que en breve estará nos comercios e establecementos de Burela para así seguir a difundir toda a información e avanzar no número de socios que forman parte do banco de tempo”, engadiu a concelleira de Emprego e Formación. No Concello de Burela estudian a posibilidade de realizar un encontro con outros bancos de tempo que operan na zona para facer un intercambio de experiencias.






















Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



