URXE ADQUIRIR OS TERREOS NECESARIOS PARA AMPLIAR O MUSEO PROVINCIAL DO MAR EN SAN CIPRIÁN
<< Cultura versus ladrillo >>
Nos pasados días coñecíamos que, a pesares de levar anos en supostas negociacións, que serviron para que os actuais responsables da Deputación provincial fixeran unha multitude de fotos e propaganda, aínda non foron quen de realizar unha oferta firme para a adquisición da finca de 1.471 metros cadrados onde estaba prevista a ampliación do Museo provincial do Mar.
Desde a administración provincial, nacionalistas e socialistas, levan demasiado tempo enganando á propietaria deste espazo e enganando a todos os veciños. Nin existe intención, nin disposición de recursos orzamentarios para levar adiante a tan necesaria ampliación da xoia museística por excelencia que a provincia de Lugo ten en San Ciprián.
De nada sirve ter aos dous portavoces municipais da oposición a soldo e en cargos de relevancia do Goberno provincial. Non miran polo seu pobo e nada teñen achegado ao seu concello. Só promesas, compromisos e palabras que nunca acaban por cumprir. Actúan con deslealdade e desprezo ante a petición dos seus veciños.
Urxe adquirir os terreos necesarios para acadar a pretendida ampliación do Museo do Mar, como vimos reclamando desde o Concello de Cervo, e desde distintas estancias veciñais e sociais. Non só porque os seus espazos quedaron pequenos, e gran parte do patrimonio deste museo non pode ser exposto e permanece gardado, senón tamén porque o contrario sería a victoria do ladrillo por enriba da cultura.
A propietaria ten na man, amparándose na lexislación vixente,a venta dos terreos a unha promotora que levantaría alí un edificio de tres plantas, baixo cuberta e soto. En primeira liña de praia. Coa lei na man autorización sería irreversible. Evitalo depende da vontade política da Deputación. Que ten dúas opcións: seguir ata o de agora mirando cara a outro lado, ou pode apostar pola cultura, por garantir o noso tesouro museístico, apostar polo Museo provincial do Mar. Nesa tarefa contará co apoio decidido do Concello de Cervo e do conxunto dos seus veciños
Jose Manuel Balseiro Orol
Tenente de Alcalde e edil de urbanismo en Cervo
















Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



