Nota de Prensa
Actividades Venres 1 + Sábado 2 de outubro
PREGÓN + INAUGURACIÓN
12,30 h. PREGÓN. A cargo de D. MIGUEL FUEYO (investigador)
Lugar: Salón de Actos da Casa da Cultura
13,00 h ACTO DE INAUGURACIÓN OFICIAL da XX FESTA DA FABA a cargo do Conselleiro de Medio Rural, Excmo Sr. D. Samuel Juárez Casado.
Lugar: Cantón
EXPOSICIÓN “20º ANIVERSARIO FESTA DA FABA”
Trátase dunha exposición que trata de recoller os vinte anos de vida desta festa gastronómica, na que os paneis identificativos estarán distribuidos baixo diferentes temáticas:
1).- 20 ANOS DE CARTEIS ANUNCIADORES – A LENDA DAS ARTES (recollerá os carteis anunciantes da festa)
2).- 20 ANOS CON ESTRELA DA MÚSICA
3).- 20 ANOS DE FOLKLORE E TRADICIÓN
4).- 20 ANOS MÚSICA EN CONCERTO
5).- 20 ANOS PREMIANDO AS MELLORES FOTOS
7).- 20 ANOS DE OLLADAS PARA O RECORDO
OBRADOIRO DE QUISTOLITAS
O artesán alemán residente no concello veciño de vegadeo, Amo Brendebach, levará a cabo un obradoiro de quiastolitas onde os participantes experimentarán os traballos de pulido desta pedra de orixe celta, creando un elemento decorativo ou de regalo con este mineral (esta actividade está aberta para todos os públicos).
O nome deste mineral provén da palabra griega ‘kiastós’, que significa ‘cruzado en aspa’ e que é froito da cristalización en forma de cruz. Técnicamente é un silicato de aluminio de gran dureza similar ao cuarzo. Os celtas empregaron esta pedra para identificarse entre sí como celtas xa que a utilizaban como contraseña “somos celtas”. A quiastolita foi e é unha pedra moi apreciada polo peregrinos xa que a levaron a todo o mundo como testigo da súa viaxe a Santiago de Compostela.
FEIRA-EXPOSICIÓN
Este ano participan máis de 40 expositores, con representacións de toda Galicia e Asturias. Todos estes artesáns estarán arroupados nunha gran diversidade de sectores: artesanía en madeira, cestería, coiro, alimentación, cerámica. A feira – exposición da XX Festa da Faba está ubicada no Mosteiro de San Salvador e nos accesos a este recinto. Na xornada do domingo o horario será ininterrumpio dende as 11,00 da mañá ata as 19,30 horas da tarde.
DEGUSTACIÓN
Esta Degustación Popular de Fabas estará ubicada na Praza do Conde Santo e comezará a partires das 13,30 h. Ofreceranse 2 especialidades diferentes de faba de Lourenzá tendo previsto repartir unhas 450 racións, entre as cuncas grandes e cuncas pequenas.
ESPECIALIDADES XX FESTA DA FABA:
* FABAS DE LOURENZÁ VERDINAS CON MARISCO
* FABAS DE LOURENZÁ CON CARNES DO VAL
Para os visitantes celiacos ofreceráselles este menú acompañado de pan sin glute
CARREIRA VAL DAS FABAS
Esta actividade que xurdiu para dar un impulso as actividades lúdicas propostas no programa polo que se incluiu a organización duha carreira popular enmarcada dentro do programa da Federación Galega de Atletismo e pensada para que poideran participar todos aqueles veciños e visitantes do concello, profesionais ou afecionados a este deporte.
Contamos coa participación de atletas pocedentes das 4 provincias galegas (lugares como Nigrán, Ourense, Pontevedra, Coruña, Ferrol, Lugo….), inscricións da Comunidade Autónoma de Madrid e do Principado de Asturias. A organización espera unha participación de máis de 200 atletas.
HORARIO-DISTANCIA E CATEGORÍAS CIRCUITO
O circuito constará de diferentes distancias dependendo da categoría.
As 16,30 h. PITUFOS masculino e femenino 2004 en adiante – 150 m. praza
As 16,40 h. BENXAMÍN (02/03) e ALEVÍN (00/01) – 500 m. casco urbán
As 17,00 h. INFANTIL (98/99) – 1.000 m. casco urbán
As 17,30 h. ABSOLUTO, VETERÁNS, XUVENIL CADETE – 6.400 m. circuito
Como novidade contaremos ademáis co PREMIO ANA SPORT, que consistirá nun vale de 200 euros en material deportivo ó campión da categoría absoluta masculina e á campiona da categoría absoluta feminina..
.
ACTO DE RECOÑECEMENTO “20 ANOS FESTA DA FABA”
Con este acto o que se pretende é rendir recoñecemento e valorar o traballo realizado a prol da faba e da propia festa da faba ao longo deste anos por parte de diferentes persoeiros.
Por elo, neste acto público recoñecerase a labor de.
* Fe Rodríguez (ex – alcaldesa do Condello de Lourenzá)
* Miguel A. Fueyo (investigador)
* Mª José Martínez (técnica do Servicios de Extensión Agraria de Mondoñedo)
* José Mouriño Cuba (Xefe do Serv. De Control e Calidade Agroalimentaria
* Gema Iglesias (Fabeira – presidenta do Consello Regulador IXP Faba de Lourenzá)
* José Díaz (ex – vicepresidente de COAFA – cosecheros asociados de Faba)
* Paco Feixó (cociñeiro)
* Luis Rial (locutor de radio)
* Antonio M. de Ron ( investigador científico e Xefe do Dpto. de Recursos Fitoxenéticos Misión BIlóxica de Galicia
* Ernesto Sánchez Pombo (xornalista)
* Pia Lago (cociñeira)
O acto terá lugar ás 20,00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura
ACTUACIÓNS MUSICAIS
Seguindo coa liña comezada en pasadas edicións terán lugar espectáculos musicais que abranguen distintos estilos:
©Música tradicional, a cargo da ASOCIACIÓN CULTURAL GAITA ESCOLA, de VIlanova de Lourenzá
©Música de rúa a cargo da CHARANGA MANCA NA CHEDA de Mondoñedo ©Música de concerto a cargo do GRUPOS DE IMPROVISACIÓN DO CONSERVATORIO DE VIVEIRO – 18,00 horas no claustro mosteiro (en caso de choiva a actuación tería lugar na carpa instalada na Praza do Conde Santo)
© Música de orquestra a cargo da orquestra TROVADORES





















A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.



