Nota de prensa:
As contas elaboradas polo Executivo que preside Alberto Núñez Feijoo fan un esforzo inversor maior que o desenvolvido polo bipartito na pasada lexislatura
O PP SALIENTA QUE OS ORZAMENTOS DA XUNTA CONTEMPLAN UN INVESTIMENTO DIRECTO DE 6,6 MILLÓNS DE EUROS PARA O 2011
* As achegas de maior contía serán para substituír a obsoleta rede de abastecemento de auga, e diversas melloras nas estradas Ferreira-Cangas e O Valadouro-Foz
* Portos de Galicia investirá 140.336 euros para a reorganización e mellora dos pantaláns e executará o dragado da dársena interior, Porto Chico e da canle de entrada.
Foz, 28 de outubro de 2010.- O voceiro local do PP de Foz, Pedro Fernández Manín, salientou que os orzamentos da Xunta para 2011 contemplan un investimento directo superior aos 6,59 millóns de euros para distintas obras e servizos a executar no seu concello. Esta cantidade, amosa con toda claridade o compromiso do novo Goberno de Galicia, o que preside Alberto Núñez Feijóo, coas veciñas e veciños de Foz e permitirá achegar o financiamento necesario para facer realidades proxectos de gran importancia no ámbito do abastecemento, mellora viaria, portos e solo industrial.
Fernández Manín explicou que ás partidas con consignación expresa hai que engadir tamén outros investimentos a maiores, procedentes de partidas xenéricas, como son os destinados ao mantemento do servizo de ambulancia medicalizada que a Xunta puxo en marcha no presente ano e que continuará en servizo. Neste senso reclamou a socialistas e nacionalistas que deixen de enganar á xente “e asuman que foi e será a Xunta popular a que achegue recursos para a UVI-móbil, tal e como fixo no 2010 aínda que tampouco nesta anualidade existía unha partida específica para elo”
…/…
…/…
MELLORAS NO ABASTECEMENTO E NAS ESTRADAS
As previsións orzamentarias de maior contía serán para a substitución da obsoleta rede de abastecemento de auga, e diversas melloras nas estradas Ferreira-Cangas e Foz-O Valadouro. De feito os orzamentos de 2011 consignan 1,16 M€ para mellorar a traída municipal, 1,6 M€ para a rehabilitación do firme e mellora da seguridade viaria na estrada LU-162 e 757.070 euros para a dotación de beirarrúas e mellora do pavimento da estrada LU-152
PORTOS DE GALICIA
Outra das achegas máis salientables é a prevista pola Consellería do Mar a través do ente público autonómico Portos de Galicia que achegará 140.336 euros para a reorganización e mellora dos pantaláns e executará o dragado da dársena interior, Porto Chico e canle de entrada ao peirao, tal e como xa adiantou en pasadas datas.
SOLO INDUSTRIAL
Por outra banda, a empresa pública Xestur, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas contempla 2,7 millóns de euros para o polígono industrial segundo as necesidades de solo empresarial que poidan producirse.
Pedro Fernández Manín quixo rematar a moi positiva valoración das contas da Xunta insistindo que o compromiso dos populares de Foz é pasar “das palabras aos feitos” e así o demostraron durante este ano, e seguirán demostrándoo durante o 2011. Neste senso indicou que foi un Goberno popular o que achegou os recursos necesarios para abrir a nova escola infantíl, que outros tan só tiñan prometido sobre o papel, pero que non dotaron dos recursos e do persoal necesario –nós si- e, finalmente insistiu en que outro dos proxectos máis reivindicados pola sociedade, o do centro residencial para persoas maiores, tamén dispón do compromiso do PP, que impulsou unha iniciativa parlamentaria destinada a determinar as características que debe ter o futuro centro.



















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



