Nota de Prensa
O PARTIDO POPULAR RECHAZA UNHA INICIATIVA SOCIALISTA PARA “HONRAR, DIGNIFICAR E IDENTIFICAR” AS VÍCTIMAS DA GUERRA CIVIL E DA DICTADURA FRANQUISTA
– A portavoz de Cultura do Grupo Parlamentario Socialista Concepción Burgo explicou que a Transición ten a súa base fundamental “na grandeza moral da esquerda, que perdoou, pero non esquece”, advertiu
– Insistiu na súa exposición “esta iniciativa ten un sentido tan ético que tería que superar calquera discrepancia política”
– Denuncia que o Goberno de Feijoo “negouse a participar na construcción do mapa de enterramentos de foxas realizados polo Ministerio de Xustiza”
– Asegurou que “queremos atopar as víctimas para enterralas coa dignidade que se merecen”
– Envíolles unha mensaxe ao Partido Popular “van a misa do Peregrino e non son capaces de crer na Xustiza”.
Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2010. A portavoz de Cultura do Grupo Parlamentario Socialista Concepción Burgo defendeu no Pleno da Cámara Autonómica unha Proposición de lei sobre a localización e identificación das persoas desaparecidas durante a Guerra Civil e a dictadura franquista, e a dignificación das foxas comúns. Explicou que reclaman un censo de desaparecidos, un mapa de enterramentos e a identificación das víctimas. A iniciativa foi rechazada polo PP.
Na súa intervención Burgo agradeceu en primeiro lugar a presencia no Hemiciclo da Cámara Autonómica de diversas organizacións relacionadas coa recuperación da memoria histórica da nosa Comunidade. “É unha verdadeira honra para min como deputada socialista defender esta iniciativa”, explicou. E destacou as labores das familias e as asociacións para atopar os seus seres queridos. Dixo que principios como o de “liberdade e democracia” eran valores que defendían as víctimas, e son os que hoxe seguimos defendendo dende o socialismo galego.
A portavoz socialista dixo que para o PSdeG-PSOE esta iniciativa “supón un acto de xustiza” ante unha vergonza histórica como son tódolos mortos da represión e a dictadura. Sinala tamén que “é froito do compromiso moral e legal coas familias dos desaparecidos para honrar a súa memoria”. E resume esta proposta en dúas palabras “recordar e dignificar”.
Burgo relata que as institucións teñen a obriga de axudar as familias de buscar a identificar os seus seres queridos “xa que teñen o dereito de buscalos e identificalos”, asegurou. Xa que é un dereito de tódolos descendentes.
Na súa intervención lembrou que esta iniciativa socialista desenrola unha serie de artigos da “Lei da Memoria Histórica”, e tamén desenrola unha Resolución aprobada por unanimidade polo Parlamento de Galicia ( 8- 10 -2008), donde se instaba á Xunta a proseguir coas accións dirixidas a recuperar e dignificar a memoria das víctimas da represión durante a Guerra Civil, eliminar os símbolos, e colaborar na identificación dos desaparecidos e soterrados en foxas comúns. A portavoz de Cultura emprazou aos poderes públicos a devolver os restos ás familias para que teña a honra que se merecen.
Non queremos abrir feridas senón garantir dereitos
Enviou tamén unha mensaxe aos demais Grupos Políticos “xa que esta proposta esta aberta a tódolos grupos e tamén a tódalas asociacións, e quere sentar as bases dun marco legal”, subliñou. E proseguiu “non queremos abrir feridas senón garantir dereitos”. E insistiu na súa exposición “esta iniciativa ten un sentido tan ético que tería que superar calquera discrepancia política”, espetou.
Asegura que a iniciativa trata de ofrecer uns dereitos que teñen os familiares das víctimas, e insiste “non é por compaixón, é por xustiza”, para aquelas familias que teñen víctimas da guerra enterradas en fosas desde fai mas de setenta anos. Lembra que en Galicia están localizadas arredor de cen fosas cunhas catrocentas víctimas. Neste punto denuncia que o Goberno de Feijoo “negouse a participar na construcción do mapa de enterramentos de foxas realizados polo Ministerio de Xustiza”.
Xa no turno de replica a deputada socialista dixo que a actitude do PP sobre este asunto “é lamentable”. Asegurou que toda a dereita europea condeou a dictadura e o franquismo “nosoutros non consideramos ao Partido Popular os herdeiros do franquismo, son vostedes, os que con actitudes como as que amosaron hoxe na Cámara, os que se converten nos seus herdeiros e defensores”, sentenciou.
Honrar e enterrar as víctimas
A deputada do PSdeG explicou que a Transición ten a súa base fundamental “na grandeza moral da esquerda, que perdoou”. “Pero non esquece”, advertiu. Por iso insistiu na necesidade de “honrar e enterrar como se merecen a tódalas víctimas”.
E preguntoulles cal é a razón que lles move a defender con esta actitude o franquismo?. Ademais emprazou aos deputados do PP a ler e revisar a proposta do Grupo Socialista “si a leen comprobaran que no artigo 2.2 da iniciativa propoñemos que se localice e identifique a víctimas desaparecidas da Guerra Civil, sexa cal sexa o seu bando”, sentenciou. E proseguiu coas súas criticas porque non queren darlle a dignidade as familias para buscar os seus mortos?. E resumiu “queremos atopalos para enterralos coa dignidade que se merecen”.
Por ultimo envíolles unha mensaxe ao Partido Popular “tanta misa do Peregrino e procesión de fe, e esquécense da xustiza. A única división de España créana vostedes”, concluíu Concepción Burgo.



















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



