Nota de Prensa
REGO AFIRMA QUE A AMBULANCIA MEDICALIZADA DE FOZ NON ESTA CONTEMPLADA NOS VINDEIROS ORZAMENTOS DA XUNTA
-O deputado do PSdeG-PSOE Ismael Rego advirte que esta ambulancia si que aparece orzamenatada para outras vilas de Galicia.
– Anuncia que rexistrou diversas iniciativas na Cámara Autonómica nas que reclama explicacións pola supresión deste servicio.
Santiago , 22 de outubro de 2010. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego afirma que a ambulancia medicalizada de Foz non esta contemplada nos vindeiros orzamentos da Xunta. O deputado advirte que esta ambulancia si que aparece para outras vilas de Galicia. Rego anuncia que rexistrou diversas iniciativas na Cámara Autonómica nas que reclama explicacións pola supresión deste servicio.
O deputado do PSdeG-PSOE sinala na iniciativa rexistrada que o pasado un de xullo entrou en servizo a ambulancia medicalizada da Mariña Luguesa radicada no concello de Foz.
Lembra que este novo servizo sanitario foi presentado polos responsables do Goberno de Feijoo como unha mostra do seu compromiso coa mellora do sistema sanitario na zona e en concreto para os cidadáns do concello de Foz. Advirte que esta vehículo “ tíñano comprometido distintos persoeiros do PP na zona, cun servizo de vintecatro horas que polo que parece pretendían substituír coa citada ambulancia”.
Rego di que hai datos obxectivos que apuntan a que o Goberno podería estar prantexándose a retirada deste servizo sen que polo de agora se teña dado ningunha razón obxectiva sobre a súa falla de rendibilidade. O deputado afirma a Mariña de Lugo é unhas das comarca de Galicia máis afastada doutros centros hospitalarios de referencia, e cun número considerable de desprazamentos de doentes a outros centros de referencia.
Por iso o deputado que asina formula as seguintes preguntas;
1.ª) Que valoración fai o Goberno galego sobre o servizo realizado pola ambulancia medicalizada radicada en Foz na Mariña Luguesa.
2.ª) Cal é o numero de casos atendidos polo dito servizo dende a súa posta en funcionamento.
3.ª) Cales son as previsións do Goberno galego no tocante ao mantemento deste servizo?.
















Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.



