É habitual que ás asociacions e colectivos pidan apoio político ou respaldo ás súas demandas, pero sorprende que os argumentos esgrimidos para animar a ese apoio, se sustenten na descalificación cara a outras persoas que non pensan igual. Das opinións vertidas polo rexedor focense e un deputado autonómico ao respecto da construción dunha goleta en San Ciprián, calquera cidadán pode discrepar. O que non é tan habitual é que a directiva dunha asociación que promove a devandita construción, para amosar o seu rexeitamento ás opinións, recurra ao insulto persoal ou á realización de xuízos de valor.
Tal e como se enfoca a solicitude de apoio no que respecta ao grupo municipal socialista de Cervo, dá a impresión de que debamos tomar partido por un dos supostos “equipos” (o que está a favor da construción da goleta ou o que a critica neste contexto de crise).
Os socialistas de Cervo, discrepamos sobre a conveniencia de empregar nestes momentos 1,8 millóns de euros nunha goleta, como tamén rexeitamos o gasto de máis de 1,2 millóns de euros no derribo dun colexio. Non o rexeitamos porque si, senón que o facemos porque ese gasto non se corresponde de forma racional coas necesidades prioritarias dos veciños do Concello.
En Cervo, coma no resto do pais, a inmensa maioría dos cidadáns non viven preocupados pola execución dunha goleta; preocupa asegurar a atención e calidade sanitaria e educativa, a asistencia e recursos ás persoas maiores e as súas familias, as infraestruturas necesarias e as iniciativas de emprego que vaian máis alá de anuncios populistas ou a creación de falsas expectativas urbanísticas e industriais. Preocupa e moito, a fuga dos nosos mozos, que camiñan cara ao futuro coas maletas preparadas para irse en canto completan os seus estudos; preocupa a perda de poboación nun concello, que a pesar de estar enmarcado nunha zona privilexiada, se desangra ano tras ano porque non se acertou coas prioridades para o seu desenvolvemento, mentres emerxen á súa costa concellos veciños.
Pódese subvencionar perfectamente aos carpinteiros de Ribeira, para que a súa maravillosa labor e patrimonio non decaiga, pero a cifra empregada é a todas luces desorbitada, cando ademais a catro pasos do punto onde se vai construir a goleta, os veciños do Porto de Arriba transitan polas rúas cheas de socavóns e sofren roturas nas canalizacións cada dous por tres. Ademais de todo isto, vemos que nos presupostos da Xunta para o ano 2011, no que respecta a Cervo non aparece nin un só euro destinado a construcción do porto, que debería albergar nun futuro ao bergantín.
Non estaría de máis, por cuestións prácticas, que fose primeiro o porto, e despois o barco.
GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DE CERVO

















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



