Nota de prensa:
O SERGAS debe introducir transparencia na xestión das “peonadas”.
A Agrupación Médica de CIG (AgM-CIG), diante da actual polémica establecida no Parlamento Galego e nos medios de comunicación sobre a actitude dos médicos diante dos incentivos á alta médica nas consultas en réxime de autoconcertación (“peonadas”) realizadas fora do horario laboral de mañá nos hospitais, quere expresar publicamente a súa posición:
1. Os médicos estamos fartos de que se sementen dúbidas públicas sobre a ética das nosas decisións profesionais e as súas repercusións sobre os pacientes: a nosa ética profesional oponse frontalmente a dar altas inxustificadas de pacientes por motivos económicos.
2. A Consellería de Sanidade ten que abandonar o actual escurantismo que arrodea todo o relacionado coa xestión da autoconcertación: o SERGAS ten que facer público, de contado, o documento de instrucións que regula a organización das “peonadas” realizadas en xornada extraordinaria de tarde nos hospitais, así como as retribucións do persoal que traballa en réxime de autoconcertación.. Ese documento existe e, até agora, o SERGAS ven negándose a entregarllo aos representantes dos traballadores: o xerente de Burela tíñao na man cando falou o 25/11/2010 cos sindicatos, mais negouse a entregarlles unha copia.
3. A Consellería de Sanidade ten que elaborar, e consensuar cos sindicatos, un Plan de Organización da Actividade de Tarde dos Hospitais. As elevadas listas de espera e a infrautilización de moitas infraestruturas hospitalarias, así o esixen. O SERGAS debe retomar as negociacións que, sobre este tema, iniciara a anterior administración sanitaria cos sindicatos, e que a actual administración sanitaria interrompeu.
4. As Consultas de Alta Resolución, ben usadas, poden ser un instrumento útil para racionalizar a atención sanitaria e reducir as molestias e desprazamentos innecesarios dos pacientes. Sen embargo, para que isto sexa así é necesario definir ben, e dun xeito transparente, que se entende por Consultas de Alta Resolución, cousa que non semella que teña realizado o SERGAS.
5. As estratexias de incentivación que o SERGAS está usando na actualidade nas peonadas de consultas, polo pouco que coñecemos delas dado que o seu contido concreto non é público, non semellan ser as máis adecuadas. Desde a AgM-CIG instamos ao SERGAS a conseguir que os incentivos económicos que oferte aos profesionais teñan unhas características que aseguren que van promover actitudes que vaian sempre en beneficio do paciente. Non semella que vaia nese sentido, de ser certa, a actual proposta do SERGAS de pagar 35€ por unha consulta de peonadas que vai ligada a un alta, e de pagar 20€ cando esa circunstancia non se dá; trátase dunha proposta que cheira demasiado a que o que busca sobre todo é reducir artificialmente as listas de espera.



















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



