O Concello de Xove organiza IV Concurso de Postais, dirixido a nenos/as e rapaces/as de Preescolar, Primaria e ESO. Esta actividade englóbase dentro do Programa de Actividades de Nadal do Concello. Dentro do Concurso imos ter cinco categorías: Categoría Preescolar (nenos/a de 3, 4 e 5 anos). Categoría de 1º e 2º de Primaria. Categoría de 3º e 4º de Primaria. Categoría de 5º e 6º de Primaria. Cateogría de 1º a 4º de ESO. As postais estarán relacionadas con motivos navideños, e os traballos presentaranse en tamaño axustado a unha cuartilla (medio folio A4). As técnicas a empregar serán libres: debuxo a lapis, rotuladores, ceras, collages, etc. Os traballos haberá que entregalos na Biblioteca Pública Municipal de Xove, lugar onde serán expostos todos. O prazo de presentación de traballos remata o 24 de decembro. Haberá tres premios por categoría, e consistirán estes en libros ou material escolar. O fallo do xurado darase a coñecer antes do 5 de xaneiro, e a entrega dos premios realizarase o 5 de xaneiro, unha vez remate a Cabalgata. Un dos traballos que se premie nesta edición servirá como postal institucional o ano vindeiro.























No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



