Nota de prensa
A Deputación crea 5 empresas na provincia
e 15 empregos no rural co asesoramento de Lug02
– Gómez Besteiro mantivo un encontro con socios de Ecoleite, a 1º sociedade cooperativa de leite ecolóxico de España que naceu ó amparo de Lug02, e que xa asume o 50% da produción total en Galicia
– O organismo provincial xestionou proxectos de emprendedores lucenses que impulsan ó sector agrogandeiro, un asesoramento completo que lles aforrou 35.000 euros
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, coñeceu in-situ este mércores o traballo que está a desenvolver Ecoleite, unha nova empresa creada na provincia ó abeiro de Lug02, o programa medioambiental dotado de 5 millóns de euros, co-financiado nun 70% pola Unión Europea, e nun 30% polo organismo provincial. Esta iniciativa enmárcase dentro da liña de actuación de apoio e asesoramento a xóvenes emprendedores, co obxectivo de desenvolver proxectos que xeren riqueza no rural, creen e manteñan postos de emprego, e freen o despoboamento demográfico. Gómez Besteiro adiantou que “logramos formar 5 entidades que impulsan o sector agrogandeiro da provincia, e que, á espera de futuras e inmediatas incorporacións, dan traballo directo a 15 persoas no rural”.
O organismo provincial, logo de organizar unha xornada informativa para dar conta desta actuación, mantivo encontros cos interesados para avaliar os seus proxectos, e estudar a súa viabilidade técnica e económica. Finalmente, realizou os plans de negocio, e xestionou os trámites fiscais, laborais, e xurídicos necesarios para a constitución de 5 empresas, o máximo preestablecido no programa europeo. A Deputación asumiu todos os custes dos servizos de asesoramento e seguimento prestados dende o principio e ata a final do proceso de formación das entidades. Deste xeito, grazas ós fondos da Unión Europea que a institución provincial soubo captar para desenvolver Lug02, a Deputación logrou aforrar 35.000 euros, -o prezo segundo o mercado destas actuacións-, ós emprendedores lucenses.
As empresas creadas son as seguintes: Dynamics Foods Systems, sociedade limitada en Begonte que presta servizos relacionados coas novas tecnoloxías ós sectores agrario e alimentario; Alitraz S.L (Lugo), centrada no desenvolvemento de aplicacións informáticas para o mundo agroalimentario; Iberiam Sciencia S.L (Lugo), baseada na investigación, soporte, servizo e asesoría ó sector apícola; Terras de Burón S.L (A Fonsagrada), centrada na elaboración e distribución de produtos de caza; e Ecoleite, sociedade cooperativa de leite ecolóxica con domicilio fiscal en Friol.
1º cooperativa de leite ecolóxica en España
O titular provincial mantivo un encontro con socios de Ecoleite, a primeira cooperativa de leite ecolóxica que existe en España, e que naceu ó amparo de Lug02. É unha entidade que busca mellorar a situación das explotacións lácteas ecolóxicas galegas facendo de intermediaria no proceso negociador coas industrias do prezo do leite, mellorando as vías de comercialización, e incorporando as novas tecnoloxías nas explotacións. Comezou a desenvolver a súa actividade a finais do mes de outubro e, malia que na actualidade segue a sumar socios, conta con gandeiros de Palas de Rei, Friol, Pastoriza, Xermade, Monterroso, así como dos Concellos coruñeses de Mesía e Ortigueira. O Presidente salientou que “Ecoleite asume xa a produción de 8 explotacións que xeran uns 4 millóns de litros de leite ecolóxica, o 50% da produción total en Galicia”.
Lugo é a provincia galega que concentra o maior número deste tipo de produtores que segue a aumentar debido os problemas co prezo do leite en relación cos custes de produción, e decatándose pola alternativa de ofrecer un importante valor añadido ós consumidores: leite de auténtica calidade; feito que repercute na súa economía. Os gandeiros de leite ecolóxica gañan un 30% máis. Por este motivo, Ecoleite, a pesares de traballar a nivel galego, centra na provincia lucense a súa actividade, onde situará un almacén de recollida de leite garantindo deste xeito, a creación e o mantemento de centos de postos de traballo directos e indirectos en Lugo. Logo, distribuirá o produto por toda España e Portugal.























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



