
Nota de prensa
IV Copa Cantabrica de Liriu (billarda)
Cumplíronse tódalas espectativas, a Selección Galega de Billarda tomóuse a revancha da derrota sufrida na derradeira edicción da Copa Cantábrica diante dos asturianos e no mesmo esceario do pasado ano, fíxose de novo co triunfo, recuperando así a hexemonía perdida. As seleccions estivoron formadas polos seguintes compoñentes:
Por GALICIA: Ana e Luis (Bateas, de Portonovo), Daniel, DelFranco e Julio (Billardeiros Musicais, de Ribadeo), Flores e Xermán (Ekipa Bíteres, de San Cosme), Geni, Guille, Isa e Reyes (Os Outros, de Ribadeo), Martinho e Suso (Remourelle Bulls, de Remourelle), e os independentes Michele e Joaquín.
Por ASTURIAS: Enrique, Falo, Javier, Martínez e Marisa ( Asturliriu), Abel e Xosé (Camaretá), Pepe, Sergio e Xuaco (Espora), Hevia e Pravia (Quirinal), Dani, Lilian e Toño (Sidrones).
Todos e cada un dos seleccionados deixaronse a pel no pavillón de Piedras Blancas e xa dende o comezo dos enfrontamentos acosaron o “castru” e fixéronse donos da situación. Nin o mesmísimo Pelayo sería quen nesta ocasión de cambeala sorte ao seu favor, os machetadores Asturianos vironse superaros polos palanadores Galegos que los doblaron no marcador final por 34 a 17, inflinxíndolles así un severo correctivo.
Nembargantes, a rivalidade reflexada no terreo de xogo, trocouse en cordial camaradería no xantar conxunto en Casa Orosia das Bárcenas donde entre cánticos, gaitadas e chistes, as dúas comunidades liriu-billardeiras quedaron emprazadas para unha nova e vindeira edicción ca posibilidade de organizar outro trofeo parecido na beira galega
Como pos-xantar retomamolos paláns e voltamos a cancha de xogo para disputar o xa tradicional ” Trofeu del Llacón”.
Logo da superioridade mostrada a mañan, naide dudaba de que tamén conquistaríamos o trofeo da tarde e así foi. Sucedéronse as eliminatorias e os “machetadores” foron desaparecendo superados polos “palanadores” ata chegar a unhas mediafinais completamente galegas. Franco e Daniel, despois de chimpar fora a Geni e Luis respectivamente xogáronse a final.
Os pronosticos eran favorables a Daniel que contaba por triunfos os seus catro últimos torneos disputados, pero nembargantes viuse sorprendido polo seu compañeiro de equipo DELFRANCO que non se deixou intimidar e fixo valer as súas armas. Está recuperando a pasos de xigante a súa grande forma de tempadas anteriores e confirmouno vencendo merecidamente nesta emocionante final.
Non houbo llacón desta volta, pero sí unha fermosa figura, reproducción da Virxe de Covadonga na súa cova. Tamén houbo medallas de ouro, prata e bronce para os tres mellores (Delfranco, Daniel e Luis).
Por outra parte e fora de programa, disputouse un abertiño entre tódalas donas, que neste caso si quedou en Asturias, Marisa levou medalla de Ouro, sendo a prata e o bronce para as galegas Isa e Geni.
Subliñar que a entrega de trofeos foi presidida polo Concelleiro de Deportes de Piedras Blancas D. Bernabé Peña, que mais unha vez nos amosou a súa boa disposición a colaborar co deporte tradicional.






















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
