Nota de prensa
AS SEGUNDAS XORNADAS GASTRONÓMICAS DO PEIXE ESPADA SERÁN DO 26 AO 28 DE NOVEMBRO. NO EVENTO ORGANIZADO POLA CONCELLARÍA DO MAR PARTICIPARÁN 24 HOSTALEIROS.
Burela, 12 de novembro de 2010. A Concellaría do Mar está a organizar as II xornadas do peixe espada que se desenrolarán neste mes de novembro os días 26, 27 e 28. Segundo explica Remedios López “facémolas coincidir coa fin de semana e coma sempre poñerase un tapeo polo pobo igual que en ocasións anteriores, intentando unha vez mais promocionar algo da nosa vila como é o peixe espada procedente dos barcos que teñen base na nosa cofradía de pescadores”.
A edil socialista lembra que “para organizar estas xornadas fixemos unha xuntanza cos bares e restaurantes do concello e nesta ocasión contaremos con 24. É a primeira vez que tenemos tanto afluencia a unha das nosas convocatorias gastronómica”.
Os participantes son: O RAIO, MESÓN DO POETA, LUCER, PALACIO DE CRISTAL, MESÓN CARLOS, MESÓN HAMILTON, OS REMOS, PARRILLADA A MARQUESA, MESÓN DON JAMÓN, O SARGO,LA SARTÉN DE CARMEN, CERVECERÍA A BODEGUILLA, PARRILLADA DE JANDRO, A FACENDA, CASA MIRANDA, HOTEL GALATEA, HOTEL NORDÉS, O PORTELO, ROMPEOLAS, BAR DA COSTA, CHURRASQUERÍA ABRENTE, A LONXA, MESÓN DA PEDRA E PIZZERÍA A MURALLA.
Remedios López engade que “o Concello como organizador das xornadas está interesado en unificar a toda a hostalería, a axudala e a promocionar Burela como pobo mariñeiro. Coma sempre encargase, sen coste algún para eles da publicidade en prensa, radio e cartelería”.


























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
As familias, o equipo docente, e o alumnado da Escola Infantil Municipal desfrutaron esta semana dunha xornada de convivencia e aprendizaxe neste parque. Ao longo do día, ademais de visitar a reserva e coñecer de preto numerosas especies animais, compartiron un agradable picnic nas instalacións do parque e tiveron acceso tanto á zona exclusiva da reserva como ao resto do recinto. A xornada rematou cunha actividade moi especial: un pequeno teatro participativo sobre a prevención dos incendios forestais, no que os nenos e nenas aprenderon a importancia de coidar os nosos montes e de evitar condutas que poidan provocar lumes, como abandonar obxectos de vidro na natureza. Un día cheo de experiencias, convivencia e aprendizaxes que reforzan o compromiso coa educación ambiental desde as primeiras idades.



