Nota de prensa de MariñaPatrimonio
Malia a existencia dunha resolución da Dirección Xeral de Patrimonio que obriga a Promociones San Ciprián a tapar os restos das estruturas das edificacións atopadas no Castro da Atalaia, este xacemento segue deteriorándose por incumprir dita resolución.
En xuño de 2010 a Dirección Xeral de Patrimonio ditaba unha resolución que obrigaba a Promociones San Ciprián a tapar novamente as parcelas escavadas no castro da Atalaia no que apareceron estruturas moi importantes dun asentamento galaico-romano. Este tapado provisorio contémplase como a única maneira de protexer as estruturas aparecidas en tanto non se consoliden e se poñan en valor. O tapado dos restos terán que realizalo arqueólogos e será financiado polo promotor
O 28 de xuño de 2010 Mariñapatrimonio denunciou a caída dun muro dunha das cabanas por mor das fortes choivas que deixara o temporal. Novamente, un temporal sacudiu estes días A Mariña e novamente o xacemento arqueolóxico sofre desperfectos por non ter cumprido o promotor a resolución de Patrimonio.
Nesta ocasión os danos foron causados por mor duns taboleiros de considerable tamaño que caeron sobre os restos arqueolóxicos dende o 5º piso da obra paralizada que Promociones San Ciprián ten a carón do citado xacemento.
Mariñapatrimonio lémbralles ao promotor, ao Concello e a Patrimonio que teñen a obriga de protexer o xacemento adoptando as medidas necesarias que garantan esa protección.
Por iso, esixímoslles ao Concello e a Patrimonio que actúen con dilixencia para que o promotor cumpra a resolución e protexa este ben patrimonial antes de que sexa demasiado tarde.





















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



