Nota de prensa:
O CONCELLO PREPARA UN PROGRAMA PARA TENTAR REDUCIR O CONSUMO DE DROGAS ENTRE OS XÓVENES DE 17 A 20 ANOS, UNHA PREOCUPACIÓN QUE ALFREDO LLANO LLE TRASLADARÁ Á XUNTA LOCAL DE SEGURIDADE QUE SE REÚNE MAÑÁ.
Burela, 17 de novembro de 2010. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, anunciou que o Concello prepara un programa para concienciar á poboación e para tentar reducir o consumo de drogas entre os xóvenes de 17 a 20 anos. Unha preocupación que o rexedor levará á xunta local de seguridade que se reúne mañá.
Llano lembra que “eu solicitei a reunión da xunta local de seguridade. Verémonos ás 12 da mañá, virá o subdelegado do Goberno e virán as forzas de seguridade do Estado. Entre todos tentaremos falar da problemática que nos preocupa que é o consumo de drogas entre a xuventude”. O rexedor asegura que “vemos un aumento claro, ademáis de analizalo na xunta local de seguridade para minimizar a venta e consumo no noso concello e na nosa comarca. Desde o Concello impulsaremos un programa que abarcará a institutos, a familias e á Unidade Asistencial de Drododependencias para concienciar á poboación sobre este asunto. Penso que as sociedades teñen que ser máis maduras e máis responsables e que oferten á xuventude aspectos que sexan positivos para o seu propio desenvolvemento. Non podemos estar cos brazos cruzados mentras ocorren estas cousas”.
O alcalde insiste en que “a xuventude con idades comprendidas entre os 17 aos 20 anos está acudindo de xeito preocupante á UAD, hai que pensar que os rapaces de hoxe en día son moi intelexentes, pero tamén moi vulnerables e hai que procurar que iso non sexa así cos que pretenden arruinarlles a vida o antes posible. Imos procurar axustarnos a un bó guión e penso que entre todos o conseguiremos, cada un desde o seu ámbito, queremos que se note que se fan as cousas ben para acabar con esta lacra”.
Por outra banda, Alfredo Llano, tamén anunciou que “o subdelegado do Goberno, Xosé Vázquez Portomeñe, visitará a partires das 11 da mañá algunha das obras do plan E que xa están rematadas ou a piques, para que teñan constancia do feito que non é pouco”.
Zona xeolóxica
O rexedor referíuse ás últimas declaracións realizadas polo voceiro do PP sobre a declaración de Espacio Natual de Interés Local para a zona xeolóxica de O Perdouro. Llano di que “demostra unha grande desesperación, buscando argumentos para ter algo que dicir do equipo de goberno de Burela. Nós hai uns días fixemos unha proposta para esa zona xeolóxica de O Perdouro e para iso mandamos información suficiente e clara coa súa petición a Costas. E desde Costas solicítanos que aclaremos un pouco máis o proxecto, o tipo de regulamento que queremos aplicar, a zona delimitada… onde nós expliquemos a protección que lle queremos dar. Unha vez sexa enviado a Costas despois mandaránnos un informe no que decidirán as axudas ou as responsabilidades das dúas administracións”.
O alcalde subliñou que “para nada nos denegaron a nosa petición. Dicir na prensa iso é unha auténtica barbaridade que o único que amosa é a desesperación do PP. Debemos ser serios nas nosas manifestacións, o único que fai esta xente son xogadas á desesperada sen ningún tipo de rigor e seriedade. Costas chamóume estranándose polo sucedido e isto significa que o PP non ten moitos argumentos e o único que quere é desastibilizar ao equipo de goberno”.






















A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



