O CONCELLO ACOMETE A MELLORA DA LIÑA DE SUBMINISTRO ELÉCTRICO DO CAMPO DE FÚTBOL DA BIDUEIRA
o A actuación foi consensuada cos responsables da S.D. Cervo-Sargadelos
o A Xunta de Galicia financia os traballos que teñen un orzamento de 17.235 euros
Cervo, 15 de novembro de 2010.- O Concello de Cervo ten previsto acometer nos vindeiros días as obras de mellora do tendido que subministra enerxía eléctrica ao campo de fútbol da Bidueira, en Cervo.
O rexedor local, Alfonso Villares, e o concelleiro de Deportes, Rubén Fernández, mantiveron hoxe unha xuntanza cos responsables da S.D. Cervo Sargadelos e cos da empresa adxudicataria das obras para ultimar os detalles desta actuación. Segundo indicou o rexedor, os traballos foron consensuados cos responsables da Sociedad Deportiva Cervo-Sargadelos e teñen por obxecto mellorar a calidade do subministro e promover a eficiencia enerxética nestas instalacións deportivas.
“As obras que se farán son feitas en base a unha petición dos responsables do Cervo-Sargadelos, que son os usuarios habituais do campo de fútbol, e polo tanto, os mellores coñecedores das necesidades destas instalacións” dixo Villares, quen recalcou que a colaboración entre institución e colectivos veciñais é a forma máis axeitada de poder materializar as distintas necesidades do termo municipal. “Co diálogo e bo entendemento pódense facer moitas cousas” recalcou Villares.
As obras consisten na substitución da antiga liña de subministro eléctrico que da servizo ao campo de fútbol de Cervo por un novo cableado que mellorará a eficiencia enerxética e evitará as caídas de tensión ás que se vía sometida esta instalación deportiva. A rede actual está sustentada con postes de madeira que nalgúns casos se atopan en moi mal estado debido ás riadas e temporais acaecidos durante o inverno e primavera pasados. Por iso, está previsto instalar uns novos postes de formigón armado con apoio en zapatas de formigón en masa e un cableado novo que permitirá un mellor rendemento enerxético. Os traballos teñen un orzamento de 17.235 euros. Están financiados pola Xunta de Galicia e a empresa encargada de realizar as obras é Obras Civiles da Mariña.
























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



