Nota de prensa
O XULGADO DE VIVEIRO ABRE DILIXENCIAS PREVIAS POR UN PRESUNTO DELITO DE PREVARICACIÓN E COACCIÓNS CONTRA O ALCALDE DE CERVO
Aceptou a trámite a denuncia presentada contra Villares por unha actuación nun camiño de Espiñeirido sen coñecer previamente si a súa titularidade era pública ou privada
O alcalde ordenou a redacción dun proxecto de saneamento no camiño e a súa execución e 10 meses despois iniciou un trámite investigador sobre a súa titularidade
Os nacionalistas acusan a Villares de persecución e acoso á familia de Espiñeirido a quen bloqueou a entrada á súa vivenda durante dous meses
Cervo, 18 de novembro de 2010. O xulgado de Viveiro abriu dilixencias previas por un presunto delito de prevaricación e coaccións contra o alcalde de Cervo pola súa actuación nun camiño de Espiñeirido no que previamente a coñecer a súa titularidade e sen mediar negociación previa ordenou a redacción dun proxecto e a execución de obras sen permiso dos particulares que reclaman a súa titularidade. O BNG acusou a Villares de neglixencia e de perseguir ate o ensañamento á familia que reclama con documentación a titularidade do camiño a quen bloqueou durante dous meses o acceso rodado á súa vivenda.
O BNG acusou ao alcalde de actuar con prepotencia e chulería perseguindo deliberandamente a uns veciños.
Os nacionalistas acusaron ao Alcalde de Cervo, Alfonso Villares, de actuar deliberadamente contra a familia de Espiñeirido que presentou documentación acreditativa da propiedade dun camiño que o alcalde considera público e no que iniciou a execución de obras en febreiro de 2009 sen permiso dos seus propietarios e sen acreditar a titularidade pública xa que 10 meses despois o propio alcalde promoveu un proceso investigador para dilucidar a súa titularidade. Os veciños que demandan a súa titularidade acreditaron mediante escrituras, pagos do catastro e incluso a inexistencia dese camiño nas Normas Subsidiarias de Planeamento do Concello de Cervo.
Once meses despois do acordo para investigar a titularidade do comiño so hai oscurantismo e entorpecemento do dereito á defensa da familia de espiñeirido
Para os nacionalistas o caso de Espiñeirido “puxo ao descoberto a prepotencia e chulería de Villares que chegou a cortar durante dous meses o acceso rodado á vivenda destes veciños sen ter en conta que nela viven persoas con dificultades de mobilidade” . O portavoz municipal nacionalista, Xoán Estúa, ademais explicou que dende o 2 de decembro de 2009 onde o pleno acordou a apertura dunha invesigación para dilucidar a titularidade do camiño, “o goberno local non deu ningunha explicación sobre o proceso”, ainda que si consta no rexistro de entrada municipal unha notificación da Secretaría Xeral de Patrimonio da Xunta de Galiza na que fai constar que tal camiño “non existe no inventario de bens e dereitos da Comunidade Autónoma”. “Estúa engadiu que o alcalde entorpeceu o dereito á defensa destes veciños” xa que personados no concello neste mes de xuño para saber do procedemento investigador, ao que teñen dereito, negouse a ofrecer ningunha información.
Con dous procedementos abertos o alcalde visitará os xulgados con asiduidade nos próximos meses
Os nacionalistas auguraron “a vista asidua de Villares aos xulgados nos próximos meses”, neste sentido lembrou que neste momento existen dous procedementos abertos nos que o alcalde está directamente implicado conxuntamente coa súa Xunta de Goberno, por unha banda a apertura deste procemento por presunta prevaricación e coaccións e outro aberto no mesmo xulgado por presunta destrución do patrimonio no Castro da Atalaia. “Para Estúa Villares non está sendo ningún exemplo para os seus veciños e veciñas e con este alcalde de sonrisas por diante e malas formas por atras non imos a ningures”.


















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



