Nota de prensa
A INTERNACIONAL BRASILEIRA VANESSA PEREIRA ARRIBA ÁS FILAS BURELISTAS
A internacional brasileira Vanessa Pereira arriba ás filas burelistas, procedente do prestixioso UnoChapecó, tricampión da Liga canarinha. A ala zurda, de 22 anos, foi presentada nas oficinas laranxas polo presidente da entidade, José Ramón González Casas, e o directivo Marcelino Luna.
A última incorporación do Burela FSF Pescados Rubén chegou á Mariña tras proclamarse campioa co Brasil no I Torneo Mundial de Fútbol Sala Feminino (Madrid, 6-11 decembro), xunto á meta laranxa Jozi. Con toda unha vida ligada ao fútbol sala, a traxectoria de Vanessa (Pato de Minas, 1988), considerada como unha das mellores xogadoras do mundo está avalada por dous dos clubs de referencia no seu país de orixe, Kindermann Caçador (2006-07) e UnoChapecó (2008-10); unha lista infinita de títulos co cadro chapecoense loce na vitrina da deportista como o Campeonato Mundial Universitário (2008, 2010), Taça Brasil (2009, 2010), Taça das Naçoes (2009, 2010), Jogos Abertos de Santa Catarina (2009), Jogos Abertos Brasileiros (2010), Jogos Universitários de SC (2009, 2010) ou o Campeonato Catarinense (2009, 2010).
A brasileira amosou a súa ilusión no emerxente proxecto burelista: “É doado chegar a un club e dedicarse a xogar, pero saber que xogadoras e club teñen que construír xuntos un proxecto, construír a súa historia, resulta moito máis enriquecedor” dixo Vanessa, que tamén agradeceu a confianza depositada polo CD Burela FS. “Aínda que tiven outras propostas de España, a seriedade e organización deste club fixéronme tomar a decisión”.
Cun brillante percorrido no Brasil, a xogadora comeza a súa etapa no fútbol sala español moi motivada: “Nos primeiros contactos que tiven coas miñas novas compañeiras, sentín que podo adaptarme ben ao xogo do Burela FSF. Comecei a construír a miña traxectoria no Brasil, con éxito, e espero continuar nunha boa liña e conseguir o respecto deportivo en España”, concluíu Vanessa, que tamén agarda contribuír coa súa loita para poder chegar á Copa de España e realizar un bo papel.
Pola súa banda, José Ramón González Casas congratulouse pola chegada de Vanessa como “un reforzo necesario para manter a boa tempada do Burela FSF, que achegará frescura, xuventude e forza”.
A de Vanessa é a segunda incorporación do Burela FSF no mercado de inverno, xunto á ala-peche Milena Gasparini, do Kindermann Caçador.























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
