O descenso que na ocupación hoteleira se prodiciu na pasada ponte da Constitución disparou as alarmas do sector e fixo que diversos profesionais- non só da hostelería- se manisfestaran amosando a súa preocupación polo feito.Algúns recurriron ós tópicos de sempre – que se o clima; os medios de comunicación que nos perxudican coas súas prediccións para a zona,etc., aínda que nesta ocasión engadíase unha novidade:¡os controladores aéreos, vaia por Deus!. Pero ninguén, ou case, reparou, nos que son os verdadeiros motivos dunha realidade que, por vella, fíxose crónica.
Polo mes de abril de 2007 a prensa publicaba os resultados dunha enquisa da USC previa á elaboración do anunciado Plano do Desenvolvemento Turístico da Mariña, nunca consumado, que nós saibamos. Da mesma deducíase que os mais graves atrancos que padecemos como destino turístico son: a infraestructura viaria; a alta estacionalidade e a falta dunha planificación conxunta; así como que o urbanismo feroz incida no medioambiente restando atractivos á zona.O das estradas é un tema xa tópico: padecemos dende hai moito tempo o mal endémico duns políticos que só se lembran delas para usalas como arma electoral (o de sempre:”imos facer…”) para logo esquecelas. Así ven sucedendo ao longo dos tempos e nenguén ten a coraxe política precisa para rematar dunha vez con situación tan lamentable como inxusta e mesmo humillante.A alta estacionalidade pódese cando menos paliar cunha decidida actuación solidaria dos concellos e aquí atopámonos tamén cun muro infranqueable: a mentalidade retrógrada, o localismo míope e a actitude individualista dos que rexen os nosos pobos.Os políticos da bisbarra, tan adestrados no uso interesado dos medios de comunicación, fártanse de facer declaracións (eso sí, uns mais que outros) altisoantes, nas que nin eles mesmos cren, dende unha óptica demagóxica e populacheira que nada aporta á sociedade, porque a eso queda reducida toda a súa verborrea. É decir, viven nun permanente fraude ós cidadáns, Á vista dos resultados da enquisa falábase de crear un órgano de xestión a nivel comarcal. Naturalmente, nada se fixo.
O 7.2.94 publicamos na prensa un comentario que intitulamos “O virus de Fitur”; eran os tempos en que os políticos da zona se viran afectados pola irresistible atracción da prestixosa feira e así, aínda aqueles alcaldes que amosaron sempre o seu desinterese e mesmo o desdén pola promoción turística, alá apareceron, eles ou os seus enviados, acaso tratando de convencer ós profesionais da canalización turística, ou sexa, os Tours operators” para que, na planificación das súas campañas consideraran o destino que sen dúbida colmaría as apetencias dos seus potenciais clientes: aquel lugar ignoto do que eles son os mandamais. Decíamos entón, e ratificamos hoxe, ¡16 anos despois!, que ningún pobo da Mariña ten por sí só atractivo nen servicios que podan espertar o interese que xustifique ás axencias de viaxe tal destino.Imponse polo tanto a unión para ofertar conxuntamente uns “paquetes turísticos” coa suficiente entidade e atracción que logren derivar hacia a nosa bisbarra unha parte dese mercado do que hoxe por hoxe apenas nos tocan unhas migallas. Deixemos de elucubrar con cuestións que nada podemos facer para modificalas: o clima, mais ou menos é o de sempre e os homes do tempo van a seguir predecindo as condicións meteoroloxicas da maneira que deduzan dos seus análises e estudos.¿Por que nonos esforzamos na loita por aquelas cuestións nas que podemos incidir e acaso mellorar? ¿ por qué non se planifica, seria e responsablemente, unha estratexia solidaria dos distintos concellos?¿ Non existe unha Mancomunidade para liderala? Claro que para iso é condición “sine qua non” que quen gobernan os nosos pobos troquen os “chips”. De nos ser así non queda esperanza. A unión é obrigada: hai mais de cen anos xa o dixera Curros Enriquez: “Todo, para ser grande e forte / se une, xunta e arreconchega: / quen á discordia se entrega, / vai dereito cara á morte”.
Suso Fernández

















Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.
Sinalaron que conta cunha Indicación Xeográfica Protexida con case 70 hectáreas cultivadas, 194 produtores e máis de 215.000 kg certificados en 2025, cun valor superior aos 430.000 euros. Tamén subliñaron que forma parte dos 36 selos de calidade de Galicia e que festas como esta dinamizan o rural e favorecen a venda directa entre produtores e consumidores.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



