Nota de prensa
ASINOUSE O CONVENIO QUE CONVERTERÁ A ANTIGA ESCOLA DE CELEIRO DE MARIÑAOS NUN LOCAL SOCIAL
Antonio Veiga afirmou que “a Área de Cultura fai unha achega de 45.287,57 euros para a realización destas obras, que responden a unha demanda dos veciños e veciñas”
LUGO, 28 de decembro de 2010. A Área de Cultura da Deputación de Lugo converterá en centro social e cultural a planta baixa da antiga escola de Celeiro de Mariñaos (Barreiros), segundo o convenio que o alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, asinou esta mañá no despacho do nacionalista Antonio Veiga, delegado de Cultura e Deporte, no pazo de San Marcos de Lugo. Veiga anunciou que “a Área de Cultura fai unha achega de 45.287,57 euros para a realización das obras de redistribución e adecuación do local, que comezarán en breve, e que responden a unha demanda dos veciños e veciñas”.
A Irmandade San Caetano foi a asociación “na que xurdiu a idea de rehabilitar o que nun tempo foi a escola de Celeiro de Mariñaos”, como explicou o delegado de Cultura. Deste xeito, continuou, “eliminarase o tabique que divide a planta en dous para darlle amplitude ao espazo, deixando así unha estancia de 90m2”. Os dous aseos sustituiranse por un só, adecuado para o uso de minusválidos.
A construción desta escola data de principios dos anos 60, e cumpriu funcións de centro educativo ata mediados dos anos 90. Ata hoxe, desenvolvíanse nas dúas aulas que a forman actividades de Prescolar na casa e culturais. Con estas obras, Celeiro de Mariñaos contará con un local multifuncional situado nunha localización inmellorable, axeitado para a realización destas e outras actividades. Como afirmou Veiga, “a Área de Cultura continúa na súa liña de colaboración cos concellos para que as instalacións culturais se amplíen, se melloren, e sirvan para recuperar o patrimonio cultural, tanto material como inmaterial da xeografía lucense”.





















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



