Nota de prensa:
O GMPP considera que o convenio coa Deputación “non vai ter un bó uso”.
Votan en falla actuacións fundamentais para o futuro de Burela.
O GMPP denunciou hoxe que “o convenio subscrito entre o concello e a Deputación cun importe de un millón de euros, a pesares de ser unha cifra importante, non vai ter un bó uso, porque o o destino de boa parte dos cartos podía ser outro, entre outras cousas para poñer as bases de proxectos de futuro”.
Así, os populares non dubidan en recoñecer que “é unha boa medida o derrubo da edificación existente entre Pascual Veiga e a Fontela, pero agora mesmo o concello non tén ningún solar propio de carácter dotacional, e non sería malo comprar algún para, por exemplo, poñer a disposición da Xunta para a construcción dunha nova gardería. Ese é un proxecto de futuro, e non cambiar farolas”.
Ademais, os populares lamentan a mal estado da rede viaria municipal dentro do casco urbano. “A contía que se destina á renovación do pavimento en certas rúas é escasa, e non vai a ser suficiente para que se manteñan en condicións óptimas para os próximos anos, dado que cos cartos previstos apenas se pode rexenerar un kilómetro de viais”.
En materia medioambiental e turística, algo mui invocado polo alcalde para xustificar a reposición de farolas, desde o GMPP lembran que “o deterioro das instalacións do Monte Castelo vai a máis, e indican que o bipartito comprometeuse ó seu cuidado; pois ben, o único que fixeron foi aproveitar o traballo de voluntarios de ALCOA que pintaron os bancos e as barandillas”.
Para os populares tamén resulta chocante que o alcalde non inclúa alomenos un dos dous proxectos estrela que manexou nos últimos tempos: a peatonalización de Pardo Bazán, o que demostra que efectivamente, tal e como afirmou o PP, usou a reunión cos veciños para facer o paripé, e o proxecto de separativos de augas pluviais, que el tanto pregonou. A non inclusión de ningún destes dous proxectos demostra hasta onde é capaz de chegar o alcalde na súa improvisación e a ausencia real de proxecto para Burela, se esteña de acordo ou non coas indicadas actuacións.
Por último, o GMPP considera que “este convenio é bon no fondo porque supón unha aportación de cartos de certa consideración, pero consideramos que, ademais de chegar tarde, só co fin de facernos ver que traballa quen durante estes tres anos e medio non fixo nada, trata de apuntalar a ineficacia do alcalde cun claro ánimo electoralista; non se pode esquecer que estamos a cinco meses da cita electoral de maio, e que o balance do alcalde redúcese a gastar dous millóns e medio de euros do Plan E que ainda non sabemos ben onde están e que beneficios vai reportar para os veciños e veciñas de Burela”.

















O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.
Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.



