Nota de prensa
O PP FOCENSE VALORA POSITIVAMENTE A REUNIÓN DO PASADO SÁBADO 27 DE NOVEMBRO ENTRE REPRESENTANTES DA COMISIÓN FOCEGA E REPRESENTANTES DO PARTIDO POPULAR COA PRESENZA DO SR. FEIJOO.
Foz, 04/12/10.- O partido popular focense valora positivamente a reunión que se desenrolou na Sede local do partido, o pasado sábado 27 de novembro con 4 membros da comisión focega pola defensa das urxencias das 24 horas, coa presenza do presidente dos populares galegos o Sr Núñez Feijoo, ademais da Delegada territorial da Xunta a Sra. Raquel Arias e os responsables provinciais, o Sr Barreiro e o Sr Balseiro, na que tamén asistiron os representantes locais do partido máis o candidato Javier Castiñeira.
Recordamos que a petición foi feita por parte da comisión focega a mesma semana que se fixo publica a visita do Sr Feijoo a Foz, en apoio da candidatura de Javier Castiñeira a Alcaldía de Foz para as Próximas eleccións municipais, mediante unha carta na que rogaban aos responsables locais a convocar unha reunión co presidente ese mesmo día. Accedeuse á petición e o Sr Castiñeira nunha visita privada co presidente comentoulle a posibilidade, e este aceptou sen ningún problema, aínda cando a axenda do presidente para ese día xa estaba cuberta.
Comunicóuselles aos representantes da comisión o xoves 25 de novembro a posibilidade de realizala as 20:15, pero con 2 representantes da organización para evitar alargar demasiado a reunión posto que so se dispuña de 15 minutos antes do acto. O día seguinte a comisión resposta que ou se aceptan 4 membros ou senón que non hai reunión, posto que sempre foron 4 persoas e non querían rompela la tradición, en contra do protocolo establecido os populares de Foz aceptaron as novas condicións ese mesmo día.
Na reunión o Sr Feijoo fixo fincapé nos servizos actuais, e valorou moi positivamente a dotación, dende o pasado mes de Xuño dunha ambulancia medicalizada que cubre as emerxencias as 24 horas, e propuxo estudar por parte da xunta de Galicia, o movemento e a demanda que existe no PAC de Burela de cidadáns focenses, e si hai unha necesidade real, buscar unha solución para reestruturar o sistema. é neste punto facer fincapé no exemplo que puxo o Sr Feijoo cando se referiu a un comercio que observou á entrada, que precisamente é dun responsable da comisión alí presente, e comentou que se o comercio tiña moitos clientes, podíase pensar en ampliar o local, pero si non ten demanda sería pouco lóxico gastalos cartos de todos galegos nunha reforma que non mellorara as condicións actuais, comentario coa que estivemos de acordo tódolos presentes.
A Reflexión que fan os populares é que a comisión focega quixo poñer a proba aos representantes locais do partido, pensando que non íamos acceder á proposta, e que o presidente ia a facer coma os do bipartito ( NON RECIBILOS ), logo unha vez se concretou con 2 persoas, puxeron a condición de 2 máis ou senón nada, accedendo novamente os populares, ademais no mesmo día da reunión, reprochan ao presidente que non se reunira con eles antes, pídenlle documentación que logo sen querer recoñecen que xa a teñen recadada por outro lado, a espaldas da administración, e reprochan que a medicalizada está moi ben pero que é compartida co resto dos mariñáns, e para rematala, coméntanlle ao Sr presidente, que o que realmente queren é reunirse coa conselleira, tuteando ao Sr. Nuñez Feijoo dunha maneira ofensiva para os alí presentes, cunha falta de cortesía desconcertante, que infravalorou o sentido da reunión na que nos puxéramos grande interés, non recibindo por parte de ningún dos representantes da comisión agradecemento algún pola organización da mesma .
Polo tanto o partido popular, cumpreu co seu compromiso, con lealtade ao pobo de Foz, interesouse pola renovación da medicalizada como non o fixo ninguén, e agora propón estudar o servizo e a viabilidade das 24 horas en Foz, porque debemos recoñecer que hai parroquias focenses, coma Cangas, Cordido, e mesmo Nóis que teñen máis cerca o Pac de Burela que o que se reclama para Foz, máis de 2000 veciños que non están a ter en conta, debemos tamén pensar solidariamente que temos un centro sanitario a menos de 10 minutos cando o resto de concellos da mariña teñen máis do dobre, coma Mondoñedo, mesmo Lourenzá, Trabada, tamén Ribadeo, O Vicedo, e xa non digamos Ourol.
Pero nós os populares focenses seguiremos loitando para mellorar os nosos servizos sanitarios, pero queda demostrado que á comisión focega non lle chega, entendemos que necesitan imperantemente quedarse anclados outros 16 anos máis detrás da pancarta, cando o resto dos concellos avanzan con reivindicacións propias e adaptadas as necesidades dos seus pobos, deixando atrás conflitos politizados que non benefician a ninguén.


















Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.



