Nota de prensa
Barreiro e Balseiro comprometéronse a levar ó Senado e ó Parlamento a defensa dos intereses das máis de 1.500 familias lucenses afectadas polos cambios na nomativa sobre enerxía fotovoltaica
Lugo, 30/12/10. O foro informativo sobre enerxía fotovoltaica celebrado hoxe en Lugo, a instancias do senador José Manuel Barreiro para analizar pormenorizadamente a repercusión que terán as medidas retroactivas para os productores deste tipo de enerxía na provincia de Lugo aprobadas o pasado 24 de decembro polo Ministerio de Industria, acadou unha enorme participación.
Proba inequívoca, ó entender do senador lucense, de que a decisión gubernamental xerou unha gran inquedanza entre os afectados, ós que directamente causará un grave perxuizo económico. Aínda que hai que ter tamén moi presente o dano evidente que para a economía xeral e para a propia seguridade xurídica do país se derivará da aplicación dunhas medidas legais con carácter retroactivo.
No encontro, a presidenta de ANPER (Asociación nacional de productores de enerxías renovables), Rocío Hortigüela Esturillo, realizou unha breve semblanza histórica sobre o sector fotovoltaico no noso país, poñendo de manifesto, como dato ilustrativo, que en cinco anos a normativa sobre a producción deste tipo de enerxía foi obxecto de sete modificacións.
Especial fincapé fixo na repercusión da última decisión do Ministerio de Industria pola que a tarifa de producción desta enerxía, ademais de sufrir unha reducción importante, terá efectos retroactivos. O impacto desta decisión, que calificou de “impensable nun país democrático”, afectará, segundo indicou, a 55.000 familias en todo o Estado, das que ó redor de 1.500 son da provincia de Lugo.
Familias, que segundo se puxo de manifesto no encontro, confiou na palabra do Goberno socialista e na garantía que ofrecía o Estado e fixo investimentos millonarios, invertindo en proxectos con retornos a longo prazo para os que tiveron que hipotecar os seus aforros e bens personais, Todo elo, auspiciado polo Estado que garantizaba unha tarifa fixa á que agora, ademais de rebaixarse, pretende aplicárselle un efecto retroactivo, levando á ruina a milleiros de pequenos emprendedores.
A este respecto, Hortigüela Esturillo solicitou a colaboración dos responsables do Partido Popular para evitar que o decreto lei imposto polo ministro de Industria Miguel Sebastián sexa ratificado no Congreso.
José Manuel Barreiro, pola súa banda, ademais de cuestionar “a seriedade” do goberno de Rodríguez Zapatero por cambiar a normativa “cada seis meses”, censurou que “agora pretenda incumplir os compromisos asinados e deixar na estacada a miles de familias”. Salientou asimesmo que o Goberno de España “pola súa mala xestión, creou un problema e agora non sabe, como en outras moitas cousas, como solucionalo”. Neste senso, avogou por seguir a tendencia aplicada xa en outros países con bo resultado, e que consiste en combinar os sistemas enerxéticos convencionais co desenvolvemento das enerxías renovables.
Puxo de manifesto tamén que o aforro que o Goberno central pretende conquerir en tres anos coa adopción dunha medida tan drástica e negativa coma esta, perdeuse nun só día polo incremento da desconfianza que xerou o mesmo anuncio de adopción desa medida no exterior á hora de colocar no mercado internacional débeda pública do noso país.
Neste senso, comprometeuse a promover no Senado, ó igual que o deputado autonómico José Manuel Balseiro, tamén presente no acto, no Parlamento galego, cantas iniciativas sexan precisas non só para velar polos intereses das familias luceses afectadas, senón tamén pola necesidade de dar impulso ó sector das enerxías renovables que sobradamente demostrou que é un importante nicho de creación de emprego e riqueza.

















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



