Nota de prensa_
As contas elaboradas polo Executivo que preside Alberto Núñez Feijoo amosan o compromiso decidido e prioritario do novo Goberno de Galicia cos veciños da Cidade do Landro
BALSEIRO SINALA QUE A XUNTA DUPLICARÁ NUN SO ANO O INVESTIMENTO EXECUTADO POLO BIPARTITO EN VIVEIRO DURANTE OS CATRO ANOS DA PASADA LEXISLATURA
* Os populares valoran moi positivamente a intención da Xunta de mobilizar durante o ano próximo 15,5 millóns de euros para distintas obras e servizos no concello de Viveiro
* A mellora da LU-862, máis investimentos para o polígono industrial e rehabilitación de vivendas, achegas para o remate do parque de bombeiros, o dragado do porto de Celeiro e a potenciación do servizo de Gardacostas, novas infraestruturas de benestar e a duplicación do investimento para o emisario son as principais actuacións contempladas nos orzamentos da Xunta
* Os populares buscan “compensar” o esquecemento e falta de investimento protagonizado polo Goberno socialista do Estado e o do Goberno bipartito da Deputación, así como a parálise do Executivo municipal socialista
Viveiro, 27 de decembro de 2010.- O parlamentario do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro indicou que nun so ano –o 2011- a Xunta duplicará o investimento executado polo bipartito en Viveiro durante todos os catro anos que durou a pasada lexislatura. Un dato que demostra o compromiso do Goberno que preside Alberto Núñez Feijóo cos veciños deste concello e o carácter prioritario que outorga o Executivo autonómico ás actuacións a desenvolver na Cidade do Landro e no conxunto da Mariña lucense. Jose Manuel Balseiro Orol deu a coñecer estas cifras acompañado do presidente local desta formación política en Viveiro, César Aja, quenes fixeron unha valoración dos investimentos previstos nos Orzamentos da Xunta do 2011 para este concello. Os populares explicaron que a Xunta mobilizará o ano próximo 15,5 millóns de euros en distintas obras ou servizos determinados.
COMPENSAR A PARÁLISE
O esforzo inversor da Xunta ten ademais outro obxectivo básico: o de compensar o esquecemento e a falta de compromiso protagonizado polo Goberno socialista do Estado e o do Goberno bipartito da Deputación provincial, así como a parálise do Executivo municipal socialista. Os dirixentes populares explicaron que, entre os veciños de Viveiro hai unha crecente sensación de frenazo, xa que durante as pasadas lexislaturas nin a Xunta, nin a Deputación, ni o Goberno do Estado foron quen de desenvolver obras de grande relevancia. De feito, as principais actuacións desenvolvidas nesta vila datan dos gobernos populares e da colaboración conxunta entre administracións rexidas polo Partido Popular.
ESTRADAS E SOLO INDUSTRIAL
Unha das actuacións máis salientables –pola súa contía- son o reforzo de firme e mellora das interseccions na LU-862, estrada que une a cidade co veciño concello de O Vicedo ata o límite da provincia (disporá dun investimento de 4 M€), as achegas para o polígono empresarial de Viveiro (5,9 M€, o que supón 4,6 M€ máis ca o ano anterior), en axudas para rehabilitación de vivendas (1.5 M€, o que supón 321.781 máis ca no 2010) ou para a finalización das obras do parque comarcal de bombeiros (46.962 €) –licitado e adxudicado por un Goberno do PP-.
CONSELLERÍA DO MAR
As contas elaboradas polo Executivo Feijóo tamén inclúe diversas axudas para actuacións nos contornos urbanos (650.000 €) e un investimento millonario para a potenciación do servizo de Gardacostas de Galicia que ten a súa base no porto de Celeiro, e no que está situado tamén o centro de operacións do helicóptero de salvamento Pesca 2, dotado de dobre tripulación e operativo as 24 horas do día os 365 días do ano.No ámbito marítimo destaca a dragaxe do porto de Celeiro. Por certo que os populares significaron que o próximo sábado a Consellería do Mar ten previsto facer unha homenaxe aos 20 anos deste servizo cuxo fin fundamental é a de salvagarda da vida e integridade físicas dos homes e mulleres do mar. Os orzamentos da Xunta tamén inclúen unha partida específica para a mellora das instalacións náutico-recreativas e estudo de construción dun novo aparcamento soterrado, no espazo do antigo peirao, tal e como demandan diversos colectivos de comerciantes.
AVANCES EN MATERIA DE BENESTAR
En materia de Benestar, os orzamentos da Consellería de Traballo achegarán 141.485,58 para o Centro Social de Viveiro, ao que hai que engadir a concertación das novas prazas de residentes e centro de día, na futura residencia de persoas maiores e dependentes cuxo cadro de persoal está a contratarse nestas semanas. Finalmente os orzamentos da Xunta achegan 12.000 euros para valoracións silvícolas e da estrutura das masas forestais.
NOVO EMISARIO
Tal e como avanzaron os populares nas pasadas datas, entre as actuacións máis salientables está a execución da obra de reparación e mellora do emisario submarino de augas residuais. Neste ámbito os populares avanzaron unha boa nova, pois o Goberno autonómico duplicará o investimento previsto para esta actuación, ao destinar o ano próximo 4,7 millóns de euros, unha cantidade que multiplica por dous a inicialmente prevista. A Xunta de Galicia non só avanza na corrección dunha das grandes deficiencias desta cidade no ámbito da xestión das súas augas residuais, senón tamén confirma unha aposta decidida pola protección e preservación do medio ambiente e do contorno da ría de Viveiro.
CORREDOR
Durante a pasada lexislatura a provincia de Lugo foi unha das máis esquecidas polo Goberno bipartito da Xunta. Fixo falta que o PP recuperase a responsabilidade de goberno na Xunta para que comezasen as obras do corredor nos treitos lucenses. Os orzamentos do 2011 reservan 10,21 millóns de euros para esta nova estrada de alta capacidade, que se suman aos 30 millóns que se están a executar na actualidade no treito en obras entre Celeiro e San Ciprián.
Viveiro é unha dos concellos máis beneficiados polo futuro corredor –pois servirá para desconxestionar gran parte da carga de tráfico viario que hoxe soporta- e no que a execución dos traballos implica unha maior complexidade técnica e, polo tanto, no que se concentra un maior esforzo inversor. Unha das primeiras decisións do Executivo que preside Alberto Núñez Feijoo foi precisamente o desbloqueo dos trámites administrativos do corredor que permanecían paralizados polo bipartito. A diferenza do compromiso da Xunta, que hoxe pode verse sobre o terreo, o treito de competencia estatal nin tan sequera ten o seu futuro trazado definido, segundo indicou o deputado popular.

























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



