Nota de prensa
Gómez Besteiro confirma a adhesión de 66 Concellos ó plan “Lugo Emprega”
– De todos os municipios da provincia, tan só o de Incio rexeitou sumarse á esta ambiciosa iniciativa, a través da que o 1 de marzo máis de 700 desempregados estarán traballando nos Concellos
– A partir de mañá, as entidades locais recibirán os convenios tipo para formalizar a súa adhesión e este xoves tanto na páxina web como no BOP publicaranse as bases e a convocatoria do Plan
– Mentres Galicia é a 2ª Comunidade que perdeu máis autónomos en 2010 e a Xunta recortou nun 50% os fondos para emprego, “nós xestionamos áxil e con eficacia un plan sen comparación para crear traballo. Levamos 2 anos que hai menos Galicia e moito máis paro”
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou este martes que todos os Concellos da provincia, agás o de Incio, confirmaron a súa adhesión ó Lugo Emprega; o programa co que o organismo provincial reducirá o número de parados na provincia ó tempo que incrementa a cooperación cos Concellos coa contratación de 711 desempregados durante 6 meses, que prestarán o seu servizo en labores de mantemento, conservación e mellora dos servizos públicos de carácter local.
Gómez Besteiro, quen amosou a súa satisfacción pola resposta dos Concellos, subliñou que “o Plan é un completo éxito. Xestionamos áxil e con eficacia un plan sen comparación en Galicia para crear emprego. Se sumamos o Lugo Emprega ó Pacto Provincial polo Emprego, estamos investindo 12 millóns en frear o desemprego que, como ben di o Alcalde do Incio, non é unha competencia directa nosa senón da Xunta, pero que nós queremos sumar ante a evidente ausencia de políticas semellantes”. Neste senso, lembrou que Galicia ten máis paro que nunca, encabezando as comunidades onde máis medrou en termos absolutos -só por detrás de Castela León- e chegando a máximos históricos. Asimesmo, sinalou que a galega é a 2ª comunidade que perdeu máis autónomos en 2010 e que a Xunta recortou nun 50% os fondos para emprego, 65 millóns de euros menos para o Servizo Público de Emprego. “Esperamos que o noso Plan teña calado noutras administracións. Levamos dous anos en que en hai menos Galicia e moito máis paro”.
Dos 67 municipios tan só houbo 2 casos nos que foi necesaria unha comunicación oficial solicitando a necesidade de axustarse ós criterios aprobados polo Pleno da Deputación. Trátase de Quiroga e de Incio. No primeiro caso, unha vez que se lle notificaron os cambios para axustarse ás bases do Plan, o Concello correxiu o erro, conseguindo que a súa adhesión fose inmediata. No caso do de Incio, o Alcalde enviou unha comunicación no que explica textualmente que: “este Ayuntamiento, a fecha de hoy tiene unha plantilla excelente, la justa, pero también la necesaria. Parece por ello obvio decir, que salvo imprevistos, no disponemos de trabajos concretos para asignar a un nuevo personal. No es legítimo que se nos pueda exigir que asumamos la responsabilidad de contratar a un personal PARA EL QUE NO DISPONEMOS DE TRABAJO, ni que se pretenda “endosársenos” otros para los que no tenemos competencias”. Asimesmo, na misiva o rexedor apuntou que: “recordamos que “la Diputación no es la que tiene las competencias directas en políticas de empleo”… “ni en este caso le solicitamos su colaboración o auxilio”.
Ante estas declaracións, o máximo mandatario provincial apuntou que o pasado venres se lle enviou unha carta solicitando a súa adhesión dunha forma clara, “xa que entendíamos que o escrito era improcedente e que non se axustaba ás bases do Plan. Neste escrito démoslle 2 días de prazo, pero, rematado o prazo, non contestou. É o único dos 67 Concellos que rexeitou o Plan a pesar de darlle dúas oportunidades. Non se pretendía convencer a ninguén senón darlle trámite a un plan que pretende empregar a 711 traballadores en 2011. Incio preferiu divagar”.
A Deputación asume ó 100% dos custes salariais e mesmo os custes da indemnización por finalización do contrato. Mentres, o Concello tan só ten que aportar a roupa para os operarios e o material e as ferramentas necesarias para facer as obras. O Presidente tamén lembrou que, “curiosamente Incio tamén desaproveitou a ocasión do convenio da roza a través do que se lle adiantan cartos para o desbroce das estradas provinciais”.
A Deputación avanza no Lugo Emprega
O Presidente destacou que houbo unha auténtica avalancha de correos electrónicos e chamadas de ducias de persoas interesándose polo Plan. Isto obrigou a habilitar teléfonos específicos no propio servizo de Contratación e crear un apartado propio na portada da páxina web da Deputación. Neste senso, anunciou que o 1 de marzo, como data límite, os desempregados estarán traballando nos Concellos. Os próximos pasos a seguir son os seguintes: a partir de mañá os Concellos comezarán a recibir os convenios tipo para formalizar a súa adhesión xa comunicada; este xoves tanto na páxina web como no Boletín Oficial da Provincia publicaremos as bases e a convocatoria do Plan, con todos os detalles. Os interesados deberán adxuntar o DNI e da tarxeta de demandante de emprego; e, a continuación, designaranse os tribunais que avaliarán ós participantes, descentralizando os exames, que se celebrarán no mes de febreiro, en distintos puntos da provincia para facilitar a participación.
Achegas da Deputación para a contratación
Todos os Concellos contarán cun mínimo de 4 efectivos, de tal xeito que o máximo de traballadores, un total de 73, asignóuselle ó Concello de Lugo, que representa un 10% do Plan. A categoría dos contratantes inclúese dentro do que se denomina Operarios de Servizos Múltiples. No caso dos Concellos de menos de 5.000 habitantes ou con menos 500 parados, a cantidade que se subvenciona é igual que a dun grupo E da Deputación, que non esixe ter titulación. En total, o soldo bruto de cada operario será de 1.110 euros. Ademais, a Deputación asumirá o custe da Seguridade Social, que representa o 33% desta cantidade, e a indemnización do fin contrato, ou o que é o mesmo, a cantidade que lles corresponde por 4 día de traballo.
No caso dos Concellos de máis 5.000 habitantes e con máis de 500 parados, seguiremos o mesmo criterio e subvencionaremos a mesma cantidade. A diferenza está en que os municipios terán a liberdade de contratar traballadores doutras categorías ou grupos.






















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



