Nota de prensa
O Concello de Foz, que nos Colexios Públicos da localidade ten a obriga de facer obras de mantemento e limpeza de ditos centros escolares, acaba de realizar unha serie de obras que lle correspondía realizar á Xunta de Galicia, e que o Alcalde puxo en coñecemento do Conselleiro de Educación, tomando boa nota este, pero non invertindo nin un solo euro nas necesidades que reclamaban os directores dos colexios públicos.
Así as cousas o Alcalde tomou a decisión de impulsar esas obras dende o propio Concello e facendo unha inversión que ronda os 85.000 € en obras distribuidas entre os Colexios: o Público Nº 1, o Cantel e o Colexio de Nois, donde se pechou o pavillón pola cara norte no Colexio nº 1. Fixéronse enfoscados, reparación de albardillas, pintaronse boa parte das aulas, colocouse gress, colocáronse 102 m2. de pavimento flotante de tarima no ximnasio deste colexio, etc. etc. etc.. No Colexio de Nois colocáronse varandillas de protección exterior, vallouse a zona de deporte, preparouse e pintouse 129 m2. de pintura, colocouse pechamento de varandilla con rede metálica, etc. etc. etc. . No Colexio do Cantel levántaronse 195,20 m2. de vallados, vallouse a zona deportiva con enrexado metálico e realizáronse outras obras de menor cuantía.
O Alcalde do Concello, José Mª García Rivera, manifesta que sigue pensando o mesmo dende o primeiro día que fun Alcalde, todo o que se gaste en educación, sanidade, emprego e protección social, non ten prezo, e estas necesidades destes Colexios son importantes para que os rapaces e rapazas teñan unha calidade de vida como se merece.
A maiores o Alcalde pide á Consellería de Educación, que polo menos se digne a cambiar a uralita que por Lei xa tiña que estar cambiada no Colexio Nº 1 e que está totalmente corroida.
Ao mesmo tempo quero agradecer o comportamento cordial dos Directores deste colexios que en todo momento as súas peticións foron realizadas vendo as necesidades que había nos seus respectivos centros.























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



