Nota de prensa
MOCION DO PARTIDO SOCIALISTA DE GALICIA – P.S.O.E., representado pola portavoz do Grupo Municipal, Dª Rosa Alonso Rodríguez.
A Xunta de Galicia puxo en marcha na Consellería de Sanidade os medicamentos denominados xenéricos, que veñen a substituir a medicamentos con nome propio que lles eran recetados aos veciños e veciñas do noso Concello.
O noso Grupo Municipal non está a decir de que si a Lei o asiste se receten xenéricos a nosa poboación, o que non estamos de acordo e debemos de defender as persoas implicadas, é que pacientes con enfermidades difíciles como pode ser coronarias, personas enfermas de riñón, delicadas de fígado e outras de especial gravidade, sexan incluídas tamén para que se lles receten xenéricos, cando este medicamento xenérico que substitúa ao que estaba tomando habitualmente, pode causar un dano irreversible.
Resulta un pouco chamativo que este tipo de persoas delicadas, teñan que acudir aos seus especialistas para recibir asesoramento do que está a pasar, debido a inquietude que teñen coa súa saude.
A maiores é tremendo que este tipo de persoas teña que apañarse con familiares da veciña comunidade de Asturias para conseguir o medicamento que queren tomar e que tomaron sempre, pois como é coñecido os veciños e veciñas das Comunidades de Asturias e Castela e León seguen a tomar a mesma medicación que tomaron sempre, debido a que esas comunidades non puxeron en marcha o sistema de xenéricos, que puxo en marcha a Xunta de Galicia.
Por todo o exposto, rogamos se tome en consideración por parte da Corporación Municipal esta moción, e se inste á Xunta de Galicia a través da Consellería de Santidade a que faiga unha revisión en profundidade do que solicitamos nesta moción e se lle dea unha resposta inmediata e clarificadora á cidadanía.















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



