Nota de prensa
RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA APROBANDO A CONVOCATORIA SELECCIÓN DE TRABALLADORES DENTRO DO PLAN LUGO EMPREGA DA DEPUTACIÓN DE LUGO. EXPTE. 01/11.
Vista providencia de alcaldía de data 18 de xaneiro de 2011 na que se establecía a necesidade da contratación de 29 persoas dentro do Plan Lugo Emprega, por un período de seis meses en réxime laboral temporal.
Vistas as bases e os informes obrantes no expediente, e de conformidade co artigo 21.1.g) de la Ley 7/1985, de 2 de abril, de Bases del Régimen Local,
RESOLVO
PRIMEIRO. Aprobar as bases xerais e as bases específicas de cada convocatoria que obran no expediente para a selección dos seguintes traballadores:
– 5 Peóns Grupo de Emerxencia Local (xornada completa)
– 1 Encargado Grupo de Emerxencia Local (xornada completa)
– 1 Auxiliar Administrativo para Sala de Exposicións (xornada completa)
– 1 Ordenanza (xornada parcial 5 horas).
– 4 Oficiais Segunda Albanel (xornada parcial 5 horas).
– 5 Peóns de xardiñería (xornada completa).
– 3 Peóns residuos sólidos e recollida de lixo (xornada completa).
– 3 Peóns limpeza rede viaria (xornada parcial 5 horas).
– 1 Peón mantemento aula da natureza de flora e fauna (xornada parcial 4 horas).
Prazas específicas para menores de 25 anos:
– 2 Peóns de xardiñería (xornada completa).
– 1 Peón limpeza rede viaria (xornada parcial 5 horas).
– 1 Oficial Segunda Albanel (xornada parcial 5 horas).
– 1 Peón Grupo de Emerxencia Local (xornada completa).
SEGUNDO. Publicar o texto íntegro das bases reguladoras das probas selectivas no taboleiro de edictos do Concello e na páxina web do Concello www.concellodefoz.es establecendo coma prazo para a presentación de instancias ata o día 7 de febreiro ás 14:00 horas.
TERCEIRO. Remitir copia das bases á Deputación.
O Alcalde de Foz tomou a decisión, unha vez consultado coa Deputación Provincial, de transformar os 20 empregos dos que era beneficiario o Concello, a 29 prazas, algunha delas a xornada parcial de 5 horas, para repartir máis e mellos o traballo, según o Alcalde tamén se tomou a decisión que 5 das prazas ofertas sexan para xóvenes menores de 25 anos.
Os interesados teñen as bases da convocatoria a súa disposición na oficina da Técnica de Emprego do Concello de Foz en horario de 9 a 14 horas, comenzando dende hoxe mesmo, 20 de Xaneiro de 2011 ata o 7 de Febreiro de 2011, en todo este tempo poden presentar as súas instancias e os documentos solicitados nas mesmas, os examenes comenzaránse a realizar do 17 de Febreiro en diante.
O Alcalde do Concello de Foz, José Mª García Rivera, quere felicitar á Deputación Provincial polo plan posto en marcha, pois ben a significar unha inxección de moral para a xente desempregada.





















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



