Nota de prensa:
O voceiro do Mar dos populares galegos, Jose Manuel Balseiro e o alcaldable do PP no concello lucense de Burela, Jose María González Barcia, mantiveron esta mañá unha reunión cos dirixentes de Armadores de Burela (ABSA) e da confraría de pescadores desta localidade
O PARTIDO POPULAR E REPRESENTANTES DO SECTOR PESQUIERO ABORDARON DIVERSOS PROXECTOS A PROL DO PORTO LUCENSE DE BURELA
o O PP deu conta do compromiso de Portos de Galicia de investir 101.175 euros para repoñer e instalar novas portas seccionais de acceso ás lonxas, muelles de carga e instalacíons de uso pesqueiro
o Balseiro e González Barcia explicaron que Portos ten intención de presentar no mes de abril dous proxectos hoxe en redación: o de reorganización das dársena interior e do de viabilidade da ampliación do martillo, ambos na procura dunha maior seguridade e espazo de navegación
o A mellora do vial de acceso interior ás instalacións de ABSA permitirán poñer en valor 40.000 metros cadrados de solo industrial, unha actuación que constrasta coa pasividade da Deputación bipartita neste ámbito
Santiago, 17 de xaneiro de 2011.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro Orol, xunto co candidato do PP á alcaldía de Burela, Jose María González Barcia, mantiveron esta mañá unha xuntanza con representantes do sector pesqueiro desta localidade. Na cita participaron o presidente da asociación pesqueira Armadores de Burela, S.A. (ABSA), Abelardo Basanta, e o xerente desta compañía, Miguel Neira. Tamén asistiu o patrón maior da Confraría de Pescadores local, Basilio Otero.
No encontro os dirixentes populares deron conta e abordaron os proxectos que o Goberno que preside Alberto Núñez Feijóo ten previsto desenvolver nos vindeiros meses neste importantísimo porto pesqueiro do Cantábrico, así como tamén, do resultado de diversas reunións de seguimento do traballo desenvolvido ata o de agora pola Xunta nestas instalacións portuarias. Balseiro e González Barcia trasladaronlles aos representantes do sector pesqueiro de Burela as últimas novidades dos asuntos tratados con responsables da Consellería do Mar e co Presidente do ente público Portos de Galicia, Jose Manuel Álvarez Campana.
101.175 PARA INSTALAR NOVAS PORTAS SECCIONAIS
Así por exemplo os populares adiantáronselles que precisamente será Portos de Galicia quen asuma o custe de substitución das portas metálicas de acceso ás distintas lonxas, peiraos de carga, e instalacións de uso pesqueiro. Esta actuación ten un investimento previsto de 101.175 euros e permitirá eliminar as actuais portas -deterioradas polo seu continuo uso e o paso do tempo- por outras máis modernas e funcionais, de aceiro inoxidable e seccionais. A obra inclúe a substitución dos premarcos existentes, e o montaxe, erraxes, guías e bisagras necesarias, así como o sanemento das chapas exteriores. Portos de Galicia executará esta actuación con cargo ao Fondo de Investimentos Menores. Tamén está previsto, a petición da propia confraría, a substitución de varios ventanais.
ABRIL: VEN A LUZ DOUS PROXECTOS DE IMPORTANCIA
Balseiro e González Barcia explicaron ademais que abril será un mes importantísimo para o sector pesqueiro de Burela xa que nesa data está previsto que Portos remate de varios dos proxectos que neste momento están a ser redactados polos técnicos da Consellería do Mar e do ente público portuario dela dependente.
Será pois en abril cando se presente o estudo de reordenación da dársena interior do porto. Con el a administración autonómica busca aumentar a capacidade da lámina de auga, na procura dunha nova organización das infraestruturas de atraque. Tamén está previsto que neste mes vexa a luz o estudo sobre a prolongación do martelo que separa a área comercial do porto da zona de atraque de pesqueiros. Co actual martelo, acadouse unha mellora substacial da seguridade interior, pero é posible que esta poida mellorarse aínda máis coa prolongación de entre 20 e 30 metros deste martelo. O estudo que se está a elaborar ten por obxecto precisamente verificar que a posible prolongación deste espazo non teña efectos nocivos para o propio porto, como por exemplo, pola súa incidencia no cambio de correntes, etc…
40.000 METROS CADRADOS DE SOLO INDUSTRIAL
Os populares tamén sinalaron que a mellora do vial de acceso a ABSA e á área sur da zona portuaria, neste momento en execución, permitirá poñer en valor nada máis e nada menos que cuarenta mil metros cadrados de solo industrial existentes nesta área. Unha situación que contrasta coa pasividade do Executivo bipartito provincial que mantén a Burela esquecida neste aspecto, e unha adminsitración –a provincial- non foi quen durante todo este tempo de promover o tan necesario parque empresarial de Burela. A Xunta, a diferenza da Deputación provincial, cumpre os seus compromisos coa dotación de solo empresarial neste espazo da súa competencia.
Finalmente Jose Manuel Balseiro e Jose María González Barcía indicaron que a Xunta está a ultimar os trámites administrativos para a dotación de novas carretillas elevadoras así como tamén para unha nova grua no porto.