Nota de prensa
A Plataforma SOS Sanidade Pública quere denunciar que as listas de espera publicadas polo SERGAS a decembro de 2010 que:
1.- Os tempos de espera, pese á maquillaxe das mesmas, superan as do ano 2008 ultimo ano do Goberno Bipartito
2.- A maquillaxe das mesmas, dado que tanto os profesionais sanitarios como os usuarios do sistema sanitario público, coñecen que moitas delas están bloqueadas en buzones onde os pacientes pasan moito tempo sen que se lles proporcione a data de intervención cirúrxica, de consulta ou de proba diagnóstica, e non computan como tempo de espera.
3.A pesar das denuncias do PP na súa etapa de oposición, non se publicaron as Listas de Espera Non Estruturadas, na que se atopan secuestrados miles de persoas, que non queren ser intervidos en centros privados ou por outras razóns non dependentes deles.
4.- O único centro privado que ten a responsabilidade de atender a un área sanitaria (grazas a un Concerto Singular) duplica o tempo de espera dos hospitais públicos. Esta situación , debe alertar aos cidadáns sobre os riscos para a asistencia da privatización dos novos hospitais que pretende levar a cabo o SERGAS nos novos hospitais.





















Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.



