Nota de prensa:
A POLICÍA AUTONÓMICA CONTRIBÚE Á MELLORA DOS RESULTADOS DE GARDACOSTAS NA LOITA CONTRA O FURTIVISMO
*
O ano pasado realizáronse 86 operativos conxuntos nos que se identificaron 1.250 persoas e se tramitaron 418 denuncias e 15 dilixencias policiais.
*
Ademais, os axentes incautáronse de case un milleiro de útiles empregados polos furtivos.
As consellerías de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e do Mar salientaron hoxe os excelentes resultados que está a dar a colaboración prestada pola Unidade de Policía Adscrita a Galicia (UPA) ao Servizo de Gardacostas no traballo conxunto para a erradicación do furtivismo no litoral galego.
A consellería dirixida por Alfonso Rueda presentou ante Consello da Xunta un informe de balance sobre a actividade común que levan a cabo estes departamentos para a prevención e a loita contra o furtivismo, un problema que afecta tanto ao sector pesqueiro como os propios recursos mariños e o medio ambiente da comunidade.
Para incrementar a loita contra este problema e facela máis efectiva, a Xunta potenciou a intervención da Unidade de Policía Adscrita a Galicia -coñecida como Policía Autonómica- nos dispositivos de loita contra o furtivismo e marisqueo ilegal, en colaboración cos servizos de vixilancia pesqueira, de tal xeito que xa se están a recoller os froitos de potenciar esta colaboración.
Así, os resultados do informe desvelan que, a través destes operativos especiais, se constata un reforzo en comisos e incautacións. Nestas 86 intervencións conxuntas os axentes autonómicos aprehendéronse dun total de 995 útiles entre os que cabe destacar 27 embarcacións ou vehículos, 114 traxes de neopreno ou 107 nasas, entre outros. Ademais identificáronse a 1.250 persoas, foron tramitadas 418 denuncias e abríronse dilixencias policiais (atestados) en 15 ocasións.
Os resultados dos 86 dispositivos conxuntos entre Policía Autonómica e servizos de vixilancia pesqueira véñense a sumar ao resto de operacións levadas a cabo por gardacostas, Seprona ou os gardapescas. Estes operativos téñense traducido nun incremento substancial do respecto que os furtivos manifestan aos axentes da Consellería do Mar grazas á presenza do persoal policial evitando que o labor de control dos gardacostas derive en problemas de orde pública.
Coa colaboración prestada polos axentes da UPA aos axentes de Gardacostas, recupérase o apoio que a Policía Autonómica deixara de levar a cabo desde 2005 en materia de furtivismo e marisqueo ilegal, pese ao seu notable éxito. Foi a mediados de 2009 cando a Consellería do Mar amosou a súa preocupación polos constantes incidentes relacionados co marisqueo ilegal, especialmente pola repercusión negativa na seguridade dos traballadores do mar e do seu propio persoal encargado da regulación e control do marisqueo e da súa actividade extractiva.
Este interese da Consellería do Mar levou á de Presidencia a retomar e reforzar, como unha tarefa específica da Policía Autonómica, a loita contra o furtivismo en colaboración coa Subdirección Xeral de Gardacostas. Así, xa a comezos do ano 2010 integráronse parte dos seus axentes nun grupo policial, debidamente formado e preparado para tarefas de protección e intervención específica.





















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



