Nota de prensa
Segundo as estimacións oficiais só entre Ribadeo e Mugardos os danos sobre as infraestruturas marítimas ascenderon a máis de 3,4 millóns de euros
OS POPULARES SALIENTAN QUE MAR CONCEDERÁ AXUDAS DE ATA 8.000 € POR EMBARCACIÓN E 1.500 € POR APARELLO SE RESULTARON DANADOS POLO TEMPORAL BECKY
o O prazo de solicitude desta axuda é dun mes a contar desde o día de mañá.
A Mariña, 8 de febreiro de 2011- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, salientou que a Consellería do Mar outorgará axudas de ata os 8.000 euros por embarcación e 1.500 euros por aparello, para compensar os danos provocados polo temporal Becky, que tivo lugar a finais do ano pasado.
O devandito episodio atmosférico foi extremadamente virulento en particular pola forza do vento de 120 km/h nalgúns puntos, e a forte vaga de mar que chegou a alcanzar a altura de vinte metros, e provocou a perda de vidas humanas, desbordamento de ríos, cortes de estradas, o amarre da flota pesqueira e considerables danos materiais en vías publicas, paseos marítimos, portos e establecementos mercantís e vivendas en zonas costeiras.
BENEFICIARIOS
As axudas da Consellería beneficiarán a persoas físicas ou xurídicas titulares de embarcacións e aparellos afectadas sempre e cando teñan porto base na nosa comunidade ou sexan artes e aparellos calados ou depositados en portos da nosa comunidade autónoma.
A concesión destas axudas terá carácter subsidiario e complementario respecto de calquera outro sistema de cobertura de danos (seguros, por exemplo) público ou privado, estatal ou internacional, de que poidan ser beneficiarios os afectados. Non obstante, cando os mencionados sistemas non cubran a totalidade dos danos producidos, as axudas previstas nesta orde concederanse con carácter complementario e serán compatibles en concorrencia con outras subvencións, indemnizacións, axudas, ingresos ou recursos procedentes de sistemas públicos ou privados, estatais ou internacionais, ata o límite do valor do dano producido.
Prazo dun mes
As solicitudes presentaranse no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da publicación no DOGA desta axuda, polo tanto, ata o día 9 de marzo de 2011. As solicitudes presentaranse nos rexistros da Xunta, portelos únicos municipais ou a través de correo administrativo.
COMPROMISO DO GOBERNO FEIJOO
Solventados os danos que o temporal provocou nas infraestruturas marítimas, a nova liña de axudas reflicte –en opinión de Jose Manuel Balseiro- o compromiso de colaboración do Goberno galego cos profesionais do mundo do mar e a súa total disposición para axudar a compensar uns danos nas embarcacións e aparellos de uso diario no seu traballo provocados por un temporal de dimensións extraordinarias.
O voceiro popular insiste en que desde o primeiro momento a Consellería do Mar actuou en apoio dos concellos afectados. Segundo as estimacións oficiais só entre Ribadeo e Mugardos os danos sobre as infraestruturas marítimas ascenderon a máis de 3,4 millóns de euros



















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



