Nota de prensa
Jesús Novo voltará a encabezar a candidatura do Partido Popular en O Vicedo
Lugo, a 10 de febreiro de 2011.- A dirección provincial do Partido Popular designou hoxe a Jesús Novo como cabeza de lista ás vindeiras eleccións municipais no municipio de O Vicedo.
O presidente provincial José Manuel Barreiro amosouse seguro de que Novo manterá o bastón de mando deste municipio tras as eleccións do vindeiro mes de maio porque ó longo destes anos, segundo recalcou, puxo de manifesto que é un “bo alcalde e que está profundamente comprometido coa defensa dos intereses dos veciños ós que representa”.
José Jesús Novo Martínez
Naceu en Estaca de Bares (A Coruña) o 9 de xaneiro de 1959.
Está casado e ten dúas fillas. É empresario.
Aínda que iniciou a súa actividade política como concelleiro, foi en 2001 cando asumiu a Alcaldía de O Vicedo, cargo que segue a ocupar dende entón.