Nota de prensa
OS CONSUMIDORES ATOPARÁN DENDE MAÑÁ NOS PUNTOS DE VENTA CARTÓNS DE LEITE ETIQUETADOS COA MARCA “GALEGA 100%”
* As principais referencias comerciais do sector lácteo da nosa Comunidade incorporarán este distintivo como valor engadido cara á súa comercialización
* Con esta saída ao mercado dáse un paso decisivo cara a vertebración do sector, coa plena implicación da maioría das industrias que operan en Galicia e da práctica totalidade da distribución
Santiago, 6 de febreiro de 2011.- Os consumidores galegos poderán atopar, a partir de mañá luns, cartóns de leite etiquetados coa marca “Galega 100%” impulsada pola Xunta, a través da Consellería de Medio Rural, e que está a ser xestionada polo Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (LIGAL).
Os cartóns de Feiraco serán os primeiros en incorporar este distintivo de garantía da calidade diferenciada do leite galego, tras ser autorizada esta cooperativa a usalo polo LIGAL, completados xa tódolos trámites de calidade.
Nos vindeiros días tamén está prevista a incorporación aos lineais dos supermercados e demais puntos de venta máis briks con este mesmo marchamo de produtos das firmas, Alimentos Lácteos, Leyma e Larsa, que xa formalizaron a preceptiva solicitude diante do LIGAL, estando prevista a súa autorización en breve.
Ademais diferentes queixerías galegas están amosando o seu interese por incorporar o etiquetado coa marca “Galega 100%”, mantendo nestes intres o laboratorio contactos coas mesmas con vista a su próxima adhesión á marca.
Cómpre así salientar, que as principais referencias comerciais do sector lácteo da nosa Comunidade Autónoma incorporarán de forma paulatina a marca como valor engadido cara á súa comercialización.
Con esta saída ao mercado da marca “Galega 100%” dáse un paso decisivo cara a vertebración do sector leiteiro coa plena implicación da maioría das industrias que operan na nosa Comunidade así como da práctica totalidade da distribución. En canto a esta última cabe salientar que entre un 70 e un 80% dos supermercados e grandes superficies contarán a partir de agora con cartóns etiquetados coa marca que define a calidade diferenciada da leite galega.
Campaña
A posta en circulación de produtos con este distintivo será reforzada, por parte do departamento que dirixe Samuel Juárez, cunha campaña de promoción nos propios centros de distribución, que se suma á xa desenvolvida desde finais do pasado ano nos medios de comunicación. Así, Medio Rural situará nos lineais indicadores con luces tipo led para chamar a atención dos consumidores sobre a situación exacta dos briks etiquetados, e colocará tamén carteis indicativos.
Todo este labor enmárcase no Plan Estratéxico impulsado desde o Goberno Galego para o sector lácteo, que ten entre os seus principais obxectivos estratéxicos conseguir a vertebración do sector e impulsar a comercialización de produtos galegos de calidade diferenciada, con esta marca como ferramenta fundamental.
Neste sentido, a Xunta quere agradecer a boa disposición de industria e distribución para incorporarse a este proceso, cuxos primeiros pasos diante da opinión pública dábanse xa en xullo de 2010, coa presentación oficial desta marca de calidade polo propio presidente Núñez Feijóo e o conselleiro Samuel Juárez.
Actuacións
A Consellería do Medio Rural desenvolveu nos últimos meses unha serie de actuacións que teñen como finalidade dar cumprimento a ditas liñas de actuación estratéxicas. Por unha parte, aprobouse o Decreto 124/2010, polo que se regulan as mencións relativas á orixe ou procedencia galega na etiquetaxe, presentación e publicidade dos produtos alimentarios. Por outra banda, creouse, mediante o Decreto 57/2010, o Rexistro de Explotacións Leiteiras de Calidade Diferenciada.
Máis do 70% das explotacións lácteas galegas, que integran en torno ao 80% da produción, cumpren estes parámetros de calidade, sensiblemente máis restritivos que os xa rigorosos da normativa europea.
Por último, e en estreita conexión co anterior, promoveuse a creación desta marca de garantía para identificar os produtos lácteos elaborados a partir do leite das explotacións do dito rexistro, marca que agora sae ao mercado.
As industrias lácteas que utilicen exclusivamente ou de xeito separado leite procedente das explotacións do devandito rexistro e que teñan un sistema de rastrexabilidade axeitado, que permita identificar en todo momento a procedencia da materia prima utilizada e dos produtos en elaboración, poderán identificar o leite e os produtos lácteos elaborados coa marca “Galega 100%”.






















Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



