Nota de prensa
Melchor Roel anuncia que a Deputación activará este mes 19 novos trámites por Internet
– Deste xeito, serán xa 37 os que estarán operativos, dos 68 que finalmente poderán realizar os cidadáns coa Deputación grazas ó programa europeo Innova-TE
– En canto ós trámites cos Concellos, ó finalizar marzo xa estarán activos 58 dos 79 que están previstos en total
– O responsable da Área de Persoal deu a coñecer estes datos na xuntanza que mantivo cos xefes de servizo para informalos dos pasos dados e as fases que restan para finalizar a implantación da Administración Electrónica
O Deputado de Persoal, Recursos Humanos e Réxime Interior, Melchor Roel, anunciou este xoves que ó longo deste mes activaranse 19 novos trámites administrativos por Internet, co cal serán xa 37 os que estarán operativos, dos 68 que finalmente poderán realizar os cidadáns coa Deputación cando remate a implantación da Administración Electrónica na provincia grazas ó programa europeo Innova-TE. Roel deu estas cifras no transcurso da xuntanza informativa que mantivo cos xefes de servizo do organismo provincial, na que lles deu a coñecer os pasos dados e as fases que restan para concluír a posta en marcha da e-Administración.
Deste xeito, algúns dos procedementos que se activarán este mes son: consulta e rexistro de facturas de provedores, baixa e alta no rexistro de licitadores, consulta de débedas, alta e baixa na domiciliación de recibos e taxas ou modificación de datos fiscais. En canto ós trámites que os veciños poderán realizar cos seus Concellos, ó finalizar marzo xa estarán activos 58 dos 79 que están previstos en total.
O dirixente da Deputación recalcou que grazas ó programa Innova-TE, financiado pola Unión Europea nun 70%, “a provincia pasou de estar no furgón de cola en materia de e-Administración a situarse á cabeza de Galicia”. Tamén insistiu en que a Xunta debe axilizar ó máximo a implantación da banda longa na provincia, que hoxe é a última das catro galegas no acceso a esta tecnoloxía, para non frear a velocidade do programa tecnolóxico e que o grande esforzo realizado non fose en balde.
Na mesma reunión, un equipo técnico do Innova-TE subliñou as vantaxas que a Administración Electrónica ten na labor diaria dos traballadores, pois gañan en rapidez e eficiencia, ademais de prestar un mellor servizo ós cidadáns, máis áxil e transparente. Os profesionais tamén lles explicaron ós traballadores polo miúdo as novas ferramentas e procedementos de traballo que teñen a súa disposición. Neste senso, incidiron de maneira especial na Intranet corporativa, Intr@lugo, pois, ademais de ser moi útil para cuestións internas do cadro de persoal, nesta aplicación atópanse as ferramentas que teñen que usar para realizar a tramitación e xestión administrativa por vía telemática.





















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



